Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 384 de cualificación do monte de Barazón Pequeno, pertencente ó lugar de Barazón Pequeno, parroquia de Niñodaguia, concello de Santiso.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 384, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Expediente: 384.

Monte: de Barazón Pequeno.

Comunidade: lugar de Barazón Pequeno.

Parroquia: Niñodaguia.

Concello: Santiso.

Superficie: 5,66 ha.

Lindeiros:

Parcela I. A Ermita. Superficie 4, 44 ha.

Norte: río Furelos. Leste: monte de José García, Ramón Vázquez, e outros veciños de Barazón Pequeno. Sur: monte de José López e José Agra. Oeste: río Furelos.

Parcela II. A Reguiña. Superficie 1,22 ha.

Norte: María Penas. Leste: María Penas e outros. Sur: José Manuel García. Oeste: camiño veciñal que conduce entre outros á central eléctrica.

O monte correspóndese coas parcelas 574, 575 e 576 (parcela I), e 320-1 (parcela II), do polígono 1 de bases provisionais da zona de concentración parcelaria de Niñodaguia-Serantes (Santiso). Catastrado baixo as parcelas 1 e 125 (parcela I), e 66

(parcela II), do polígono 36 do plano catastral da zona.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 22 de xullo de 2003, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 22 de xullo de 2003.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Comun da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor