Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU-107/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos persoais e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei 81/1968 do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia (Caixa Galicia cta. contable 840, código 001, ou ben en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX) nos prazos que se indican a continuación, contados a partir do seguinte ó desta notificación e unha vez producida a firmeza desta resolución a firmeza producirase ó non interpor recurso no prazo indicado.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non face-lo ingreso dentro dese prazo, procederase sen máis trámite a súa recadación pola vía executiva.

Durante o prazo dun mes e de acordo co previsto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, pode vostede formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, contado desde o día seguinte ó desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 8 setembro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente, nº/ano: OU-107/2003 incendios.

Denunciado: José Manuel Gómez Iglesias.

DNI: 34970281.

Último enderezo coñecido: Marcelo Macías, nº 8-4º B 32002 Ourense.

Feito denunciado: realizar unha queima de herba seca e maleza carecendo da autorización correspondente.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Sanción: 90,15 euros.