Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (479/2003).

Mª del Carmen Varela Rebolo, secretaria do Xulgado do Social número un de Lugo.

Dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 479/2003, seguidos por instancia de José Ángel Lorenzo López, contra a empresa Linea Aeterna, S.L. sobre cantidade, dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia

En Lugo, 4 de setembro do ano 2003. Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 486/2003 sobre reclamación por cantidade, no que son partes como demandante José Ángel Lorenzo López, asistido do letrado Luis Bruzos Pérez, e como parte demandada a empresa Linea Aeterna, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, os cales non compareceron malia constar citados en legal forma.

Dictamino que estimando a demanda interposta por José Ángel Lorenzo López contra a empresa Linea Aeterna, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de dous mil douscentos sesenta e dous euros con corenta e seis céntimos de euro (2.262,46 euros) polos conceptos xa expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior e eventual responsabilidade subsidiaria, nos termos legalmente previstos, para o caso de resultar insolvente a empresa demandada. Notifíqueselle esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela, cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo de depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de

procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozara do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60 nº de autos 479/0203, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal de r/ San Marcos, nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico, ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos

que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 479/2003 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López Guitián Castro. Rubricado».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia polo maxistrado que a subscribe, atopándose celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico.

Mª del Carmen Varela Rebolo.

Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Linea Aeterna, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, catro de setembro de dous mil tres.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA