a) Obras:
1. Rehabilitación de firme en estradas da rede provincial. T.M. do Rosal, O Porriño, Arbo e Pontevedra. Clave: RC-PO-03.11.
Orzamento: catrocentos setenta mil catrocentos noventa e oito euros con setenta e catro céntimos (470.498,74 euros).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
2. Reforma de intersección ramal C-550-illa da Toxa-Estribo illa, e glorieta polígono A Granxa na PO-310. T.M. do Grove e Poio.
Clave: RC-PO-03.12.
Orzamento: cento tres mil oitocentos setenta e oito euros con doce céntimos (103.878,12 euros).
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación: non se esixe.
Garantía provisional: non se precisa.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio de Contratación, en Pontevedra; rúa Alcalde Hevia, nº 7, 3º, teléfonos de información 986 80 56 42 e 986 80 56 43.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixiráselle ó adxudicatario do contrato unha garantía definitiva por importe do 4% do orzamento de adxudicación.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Pontevedra, 1 de outubro de 2003.
José Manuel González Álvarez
Delegado provincial de Pontevedra