Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das subministracións de clave SC/03/047.08 e catro máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de dous (2) camións gasóleo con caixa basculante e guindastre ensamblado para os servicios provinciais de estradas da Coruña e Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/03/047.08.

Orzamento base de licitación: cento vintecinco mil trinta e oito euros con trinta e oito céntimos (125.038,38 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 14 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 1 mes.

b) Descrición do obxecto: adquisición de dous (2) camións gasóleo para os servicios provinciais de estradas de Lugo e Ourense, dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/03/048.08.

Orzamento base de licitación: sesenta e sete mil cincocentos dezanove euros con dezanove céntimos (67.519,19 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 14 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 1 mes.

c) Descrición do obxecto: adquisición de catro (4) vehículos turismo gasóleo, encadrados no Grupo D-1 para os servicios provinciais de estradas da Dirección Xeral de Obras Públicas dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/03/043.08.

Orzamento base de licitación: setenta e oito mil setenta e seis euros con setenta e seis céntimos (78.076,76 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 15 días.

d) Descrición do obxecto: adquisición de dous (2) vehículos todo terreo con caixa (pick up) de gasóleo con tracción ás catro rodas (4x4) para os servicios provinciais de estradas de Ourense e Pontevedra dependentes da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/03/044.08.

Orzamento base de licitación: corenta e un mil trinta e oito euros con trinta e oito céntimos (41.038,38 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 15 días.

e) Descrición do obxecto: adquisición de dous (2) silos de 100 toneladas para o almacenamento de sal para os servicios provinciais de estradas de Lugo e Ourense, dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/03/049.08.

Orzamento base de licitación: sesenta mil euros (60.000 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

6. Requisitos específicos do contratista.

Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica: ver puntos nº 7 e nº 8 do cadro de características dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11 horas, do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documental xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios: o importe estimado máximo DOG: por liña 9,38 euros.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda