De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 097/2001 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica da lingua e da literatura, do departamento de Didácticas Especiais desta universidade, a favor de Pilar Couto Cantero, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pilar Couto Cantero, profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica da lingua e da literatura, do departamento de Didácticas Especiais desta universidade.
A Coruña, 22 de setembro de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña