Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.640

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4003/2003).

Eu, Inmaculada Pérez Arrojo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso que logo se dirá se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Na cidade da Coruña, 29 de maio de 2003. Na cuestión de ilegalidade co número 4003/2003 pende resolución nesta sala, presentada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra no procedemento ordinario nº 63/2002, en relación co artigo 7, punto 1º do Decreto 63/2002, do 17 de outubro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, non compareceu a entidade Novo Lar de Arousa, S.L., recorrente no citado procedemento ordinario. Resolvemos que estimámo-la cuestión de ilegalidade formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra e declaramos ilegal e anulámo-lo parágrafo primeiro do artigo 7 do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por ser contrario ó artigo 34.7º da Lei do Parlamento de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente; sen custas».

E para que conste, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para os efectos oportunos, expido e asino este edicto na Coruña, 3 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado