Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.640

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (127/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe

e testemuño: en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 127/2003 por instancia de Juan Carlos Suárez Canosa contra Peta Peta Talleres, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 11 de setembro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 127/2003, seguidos por instancia de Juan Carlos Suárez Canosa, maior de idade, asistido por José Antonio Domínguez Castiñeiras, contra a empresa Peta Peta Talleres, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Carlos Suárez Canosa contra a empresa Peta Peta Talleres, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 5.562,82 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días, contando a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ó anuncia-lo recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030-6349-5603-0000-60-127-03.

E igualmente deberá, no momento de interpoñe-lo recurso, consigna-la suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 030-6349-5603-0000-65-127-03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 11 de setembro de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial