Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (660/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 660/2001, por instancia de María Teresa Fernández García, contra INSS e outros, sobre prestacións, nos que

recaeu auto de aclaración de sentencia con data do 9-9-2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Parte dispositiva.

Hai lugar á aclaración solicitada e en consecuencia o dictame desta quedará do teor literal seguinte: dictamino que estimando a demanda interposta por María Teresa Fernández García, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Traballo, a empresa Belan Textil, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social debo declarar e declaro que o demandante ten dereito ó recoñecemento da prestación de incapacidade temporal solicitada en demanda, condenando ás demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e á empresa Belan Textil, S.L. como responsable directa de aboamento de prestación referida desde o 19-4-2001 e ata o 28-5-2001. Á Mutua demandada a anticipa-lo pagamento da dita cantidade, desde o décimo sexto día da baixa, e ata a súa extinción na contía de 605,82 euros cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes. Absolvendo o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que poderá anunciarse dentro dos 5 días seguintes á notificación deste auto, ante este xulgado, do que se coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Belan Textil, S.L. expido e asino este edicto na Coruña o 9 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado