Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.640

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2003 pola que se declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de responsable da rede de Lugo desta universidade.

Por Resolución do 30 de xullo de 2003, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de responsable da rede de Lugo desta universidade.

Unha vez realizados os trámites regulamentarios e comprobado que non existe ningún aspirante, o rector, no uso das atribucións conferidas no artigo 20 da Lei orgánica de universidades, resolve:

Declarar deserta a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, do posto de responsable da rede de Lugo desta universidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)