Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do Parque Eólico Ampliación Meda, no concello de Parada de Sil (Ourense). (Expediente IN661A 01/5-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eólicas del Sil, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Centro Empresarial de Negocio-Polígono Nuevo Milladoiro; Rúa Oliveira, 96 B 15895 Milladoiro-Ames; A Coruña, sobre autorización, aprobación de instalacións e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Ampliación Meda; resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O 30 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MedaMontederramo613.0004.689.000

Xunqueira de614.0004.690.000

Espadanedo615.5004.688.000

Parada de Sil615.5004.687.000

615.0004.687.000

615.0004.686.000

614.0004.686.000

614.0004.689.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 18.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Gamesa G-47.

Potencia total instalada: 11,88 MW.

Producción anual estimada: 32.266 MWh/ano.

Investimento previsto: 8.322.177,98 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos subterráneos a 20 kV.

-Centro de transformación para instalar un en cada aeroxerador de 800 kVA. de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

A subestación transformadora atópase nas instalacións do parque eólico do Sil.

Segundo.-O 8 de novembro de 2000, a Consellería de Industria e Comercio, resolveu declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico denominado Meda.

Terceiro.-O 15 de maio de 2001, a Dirección Xeral de Industria, resolveu aproba-la modificación do proxecto de execución da dita instalación titulado anexo ó proxecto parque eólico de Meda, o que implicará a desafección das parcelas nas que se sitúan os aeroxeradores 1, 2 , 6 e 7.

Cuarto.-O 26 de outubro de 2001, Francisco Caamaño Martínez, en nome e representación de Eólicas del Sil, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Ampliación Meda, de 13,6 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da

enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Quinto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos

53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, do 13 de novembro de 2001, publicada no xornal La Región do 25-11-2001, no BOP de Ourense do 27-11-2001, o DOG do 28-11-2001 e no taboleiro de anuncios do concello de Parada de Sil.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Francisco López González, en representación da Asociación Forestal Asofor, solicita que se modifique a posición dos aeroxeradores que se encontren a menos de 1.000 m das vivendas, que se complete o proxecto con documentación relativa a: identificación das vivendas afectadas dentro do perímetro do parque, modelización da zona afectada/Ribeira Sacra. Así mesmo indica que o núcleo de Santigueiro se atopa a escasos 500 metros da instalación proxectada. Que falta o informe da Confederación Hidrográfica do Norte, así como o estudio de arqueoloxía.

2. José Benito Fernández Coello, solicita ser incluído na relación de bens e dereitos afectados, por ser titular dunha parcela na paraxe de Chao de Medeiro, que estaría dentro da afección do parque.

Terceiro.-O 23 de maio de 2002, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Ampliación MedaParada de Sil614.0004.690.000

611.5004.692.500

615.5004.692.500

615.5004.688.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 16.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

Xeradores: Gamesa G-52.

Potencia total instalada: 13,6 MW.

Producción anual estimada: 39.584 MWh/ano.

Investimento previsto: 9.038.860,34 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-Conxunto de 16 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 13,6 MW.

-Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos a 20 kV, independentes entre si, de 7,65 MW (aeroxeradores 1 ó 9); 5,95 MW (aeroxeradores 10 ó 16).

-C.T. que se instalarán en cada aeroxerador de 900 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Liña subterránea, a 20 kV, para evacua-la enerxía xerada no parque ata a subestación transformadora de 20/220 kV, no parque eólico de Sil.

Cuarto.-O 12 de xuño de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, publicándose no DOG do 5-9-2003.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro; o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe manifesta-lo seguinte:

1. En relación coa alegación formulada por José Benito Fernández Coello, relativa á titularidade dos terreos afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón desta, non obstante será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria, cando se proceda á declaración de utilidade pública da dita instalación.

2. As alegacións ambientais, formuladas por Francisco López González, foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de impacto ambiental do citado parque, en relación coa distancia das vivendas ó parque, estas atópanse a unha distancia superior a 1.000 metros á máquina máis próxima, sendo esta maior que a esixida na Modificación do Plan Eólico de Galicia que foi aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de decembro de 2002 (publicado no DOG do 3-1-2003 e corrección de erros do 18-8-2003).

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Eólicas del Sil, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico deno

minado Ampliación Meda de 13,6 MW, que se vai situar no concello de Parada de Sil, na provincia de Ourense.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eólicas del Sil, S.A. para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contar desde ou outorgamento desta autorización, unha fianza de 180.777,21 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas así como a que no seu día propoña o órgano ambiental, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 9.038.860,34 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería Innovación, Industria e Comercio de Ourense poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Iberdrola Diversificación, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto

2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, no seu caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 12 de xuño de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 setembro).

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto desta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalacións, ampliación e traslado de industrias en xeral (BOE nº 176, do 25 de xullo), por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas