Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 18 de xullo de 2003.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión, de data 18 de xullo de 2003, declara-lo proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán, promovido pola empresa Grupo Empresarial Ence, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans

ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia y nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 18 de xullo de 2003, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial de Pontevedra, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO