Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se citan.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por delegación de competencias, segundo a Orde do 15 de decembro de 1997, resolveuse adxudica-los seguintes contratos:

-Servicio de seguridade nos centros dependentes da delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Lugo.

Adxudicatario: Cetssa Seguridade, S.A.

Importe: 155.497,97 euros, IVE incluído.

-Servicio de seguridade nos centros dependentes da delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña.

Adxudicatario: Servicios de Seguridade Integral e Mantementos A 1.

Importe: 317.773,60 euros, IVE incluído.

-Catalogación de impresos dos séculos XVI-XIX procedentes das bibliotecas de Mondoñedo, Poio, Pontevedra e Santiago de Compostela con destino á base de datos do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia.

Adxudicatario: Xesdoc, Xestión de Servicios de Teledocumentación.

Importe: 90.151,82 euros, IVE incluído.

-Catalogación de impresos do século XX con destino á base de datos do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Adxudicatario: Xesdoc, Xestión de Servicios de Teledocumentación.

Importe: 90.151,82 euros, IVE incluído.

-Amoblamento das bibliotecas e axencias de lectura municipais de Xanceda-Mesía (A Coruña), András-Vilanova de Arousa, Corón-Vilanova de Arousa (Pontevedra), Folgoso do Courel (Lugo) e Melón e A Pobra de Trives (Ourense).

Adxudicatario: Ekipo Sociedad Coop. Galega.

Importe: 34.724,25 euros, IVE incluído.

-Restauración do retablo, enreixado e inscrición pétrea da capela de San Xoán Bautista na catedral de Santa María (Lugo).

Adxudicatario: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez (Resconsa).

Importe: 32.454,66 euros, IVE incluído.

-Restauración do retablo e enreixado da capela de Nosa Señora do O ou da Esperanza da catedral de Santa María (Lugo).

Adxudicatario: Tomos, Conservación Restauración, S.L.

Importe: 32.545,30 euros, IVE incluído.

-Restauración do retablo maior da igrexa parroquial do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

Adxudicatario: Restauración e Ecoservicios Atlas, S.L.

Importe: 46.557,10 euros, IVE incluído.

-Construcción do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa no xacigo arqueolóxico de San Cibrao de Las. Concellos de San Amaro e Punxín (Ourense).

Adxudicatario: UTE: Construcciones Paraño-Agrupconsa.

Importe: 4.250.356,76 euros, IVE incluído.

-Servicio de transporte de obras de arte da exposición de Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

Adxudicatario: Manterola División Arte, S.A.

Importe: 76.450,83 euros, IVE incluído.

-Posta en valor do castelo da Nogueirosa. Pontedeume (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A.

Importe: 85.482,00 euros, IVE incluído.

-Construcción dun almacén-viveiro na illa de San Simón. Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

Importe: 188,778,15 euros, IVE incluído.

-Construcción dun miradoiro da boca da ría na illa de San Simón . Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

Importe: 72.581,36 euros, IVE incluído.

-Construcción dun miradoiro do fondo da ría na illa de San Antonio. Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

Importe: 74.785,13 euros, IVE incluído.

-Restauración da concatedral de Vigo. 1ª fase. Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Decoración Instalaciones y Construcciones (Dicsa), S.A.

Importe: 180.000,00 euros, IVE incluído.

-Restauración da igrexa parroquial de Santa María de Meiraos. 2ª fase. Folgoso do Courel (Lugo).

Adxudicatario: Norvial, S.L.

Importe: 91.985 euros, IVE incluído.

-Intervención na igrexa parroquial de Vilameá, A Pontenova (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Carballeira, S.L.

Importe: 104.655,79, euros, IVE incluído.

-3ª fase da restauración da igrexa de Penamaior en Becerreá (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A.

Importe: 60.000 euros, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo