Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/39-2, 6024 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. subt. urbaniz. unid. actuac. área nº 29, Castiñeiro.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea en conductor R.H.Z.13 (1x240 m) entre o C.T. proxectado e o C.T. Juana La Loca.

-C.T. subterráneo provisto dunha cela de entrada, outra de saída e dúas de protección do tipo SF6, denominado C.T. urbanización de unidade área 29, potencia 2x630 kVA.

-R.B.T. subterránea en conductor R.V.-(3x240 UNIP.+150) en canalización baixo tubo de polietileno de 125 m; toda a obra civil de canalización é existente, excepto 32 m, que se realizan para o enlace con edificios novos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 2 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo