Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (1110/2002).

Francisco Rascado González, secretario substituto neste Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo, testemuña que nestes autos de xuízo verbal 1110/2002 se dictou a seguinte resolución:

«Sentencia.

Vigo, doce de xuño de dous mil tres.

Susana Álverez García, maxistrada-xuíza de Primeira Instancia número oito de Vigo e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de xuízo verbal mixto 1110/2002, seguidos ante este xulgado, entre partes seguintes:

Demandante: Jesús Vales Gómez e Dolores Salgueiro Fouces, representados polo procurador Jesús González Puelles Casal e defendido pola letrada Elena Otero Quintela.

Demandado: Guillermo Francisco Bernárdez.

Versa a litis sobre falta de pagamento de rendas da vivenda sita na r/ República Arxentina, 10-6º F, Vigo e reclamación de cantidade.

Dictamino que estimando integramente a demanda formulada en autos de xuízo verbal nº 1110/2002 pola representación de Jesús Vales Gómez e Dolores Salgueiro Fouces, contra Guillermo Francisco Bernárdez, debo declarar de declaro resolto o contrato de alugamento para uso de vivenda do inmoble situado na rúa República Arxentina, 10-6º F de Vigo, con data do 11 de marzo de 2000 que vincula ás partes e debo condenar e condeno o demandado a estar e pasar por tal declaración e a deixar á disposición da demandante o referido inmoble dentro do prazo legal, baixo apercibimento de lanzamento de non verificalo.

Así mesmo, debo condenar e condeno a Guillermo Francisco Bernárdez a aboarlles ós demandantes a cantidade de catro mil trescentos setenta e catro euros con noventa e oito céntimos (4.374,98 euros) cantidade á que haberá que engadi-lo importe das rendas devengadas ata o desaloxo do inmoble, incrementada co xuro previsto no artigo 576 LAC así como ó pagamento das custas causadas neste procedemento.

Para efectos de execución debe terse en conta o disposto no fundamento de dereito terceiro.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 5 días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, dictamino definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, de xeito que sirva para a súa notificación a Guillermo Francisco Bernárdez por estar en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo, 3 de setembro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE RIBEIRA