María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira (A Coruña).
Fago saber: que na Xunta Xeral de Acredores, sinalada para o día 26 de setembro no expediente de referencia, declarouse legalmente concluído o
dito expediente, por non reunirse o quórum suficiente de créditos para a celebración desta e por auto con data de hoxe declarouse sobresido o expediente, segundo o que determina o artigo 13, pfo. 4 da Lei do 26 de xullo de 1922. O que se fai público para xeral coñecemento.
Dado en Ribeira o trinta de setembro de dous mil tres.
A secretaria
Rubricado