Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (505/2003).

Montserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Ana Isabel Fariñas Falagán, contra Roberto Sánchez Rodríguez, sobre demanda de divorcio número 505/2003, dictouse o seguinte edicto:

«Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 505/2003, por instancia de Ana Isabel Fariñas Falagán, representada pola procuradora Cristina Meilán Ramos, por esta cédula e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se acompañan, confírese traslado dela e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei».

E para que conste e sirva de emprazamento á parte demandada Roberto Sánchez Rodríguez, estendo este edicto na Coruña, 3 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado