Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.581

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1279/2001-P).

Na Coruña, cinco de xullo de dous mil dous, a Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Luis Barrientos Monge, María Dolores Fernández Galiño, maxistrados.

En nome de El Rei pronunciaron a seguinte sentencia:

«Visto en grao de apelación ante esta Sección dous da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de menor contía 479/1998, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, ós que correspondeu o rolo 1279/2001, nos que aparece como parte apelante a demandada Mª Soledad Bonigno Santa Cruz representada polo procurador Gonzalo Lousa Gayoso, e como apelado o demandante José Bonet Ledo, presidente da comunidade de propietarios nº 36 ORI representado polo procurador Sr. Tovar de Castro e como demandados apelados declarados en situación procesual de rebeldía Ángel, Jesús, Óscar Alberto, Lorena e Rosa María Bonigno Santa Cruz, e os herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Bonigno e Mª Ángeles Santa Cruz con quen se entenderon as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal.

Decidimos que, desestimado o recurso de apelación interposto pola representación procesual de María Soledad Bonigno Santa Cruz contra a sentencia con data do 5-2-2001 do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, debemos confirmar e confirmámo-la resolución recorrida impoñéndolle ó recorrente as custas da apelación.

Así, pola nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este na Coruña o dezasete de xullo de dous mil dous.

Rubricado