Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 19 de setembro de 2003 sobre delegación de competencias no secretario xeral.

A actividade administrativa da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, incrementada recentemente polo aumento de competencias operado polo Decreto 161/2003, do 13 de febreiro, implica una concentración de funcións ó redor do seu titular que aconsella, dado o volume, recorrer á delegación de competencias no secretario xeral da consellería sen esquece-lo debido respecto ós principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda no beneficio tanto da Administración como dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto ás garantías xurídicas que a tutelas dos intereses públicos esixe.

Por isto, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 43.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente modificada pola Lei 11/1988, de 20 de outubro, e 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e demais disposicións de xeral aplicación;

DISPOÑO:

Primeiro.-Administración de personal.

Delégase no secretario xeral o exercicio das facultades que lle corresponden ó conselleiro en materia de persoal segundo o establecido no artigo 15 da Lei da función pública de Galicia, excepto a provisión de postos de traballo clasificados como de libre designación.

Segundo.-Contratación.

1. Delégase no secretario xeral o exercicio das seguintes facultades en materia de contratación:

a) O inicio e a aprobación dos expedientes de contratación, a aprobación do gasto correspondente, así como, de se-lo caso, dispoñe-la súa tramitación urxente ou adopta-las medidas pertinentes no suposto previsto no artigo 72 da Lei de contratos das administraciones públicas.

b) A aprobación dos pregos de prescricións técnicas, de cláusulas administrativas particulares e dos modelos tipo dos mesmos.

c) A adxudicación e formalización dos contratos; as prerrogativas da súa interpretación, resolver-las

dúbidas que ofrezca o seu cumprimento; a aprobación das súas modificacións por razóns de interese público; acorda-la súa resolución e determina-los efectos desta; así como as restantes prerrogativas que, de acordo coa lexislación, le corresponden ó órgano de contratación.

d) A aprobación dos proxectos e das súas modificacións.

e) A dirección, inspección e control dos contratos, podendo dicta-las instruccións oportunas para o fiel cumprimento do convido, e exercer todas aquellas facultades que a lexislación de contratación administrativa lle atribúe ó órgano de contratación en relación coas incidencias que xurdan durante a súa execución.

Terceiro.-Xestión financeira e orzamentaria.

1. Delégase no secretario xeral, ademais das facultades de autorización e disposición dos gastos derivados do exercicio das competencias delegadas en materia de contratación, o exercicio da competencia para autoriza-los gastos, autoriza-los actos de disposición dos créditos e de recoñecemento de obrigas e propoñerlle ó conselleiro de Economía e Facenda a ordenación dos correspondentes pagamentos relativos a:

a) Os gastos de persoal.

b) Os gastos xerais incluídos no capítulo II dos orzamentos, que afecten á secretaría xeral ou a varias unidades de distintos centros directivos da consellería.

c) Os créditos dos capítulos IV, VI e VII dos orzamentos.

2. Delégase no secretario xeral o exercicio da facultade de aprobación das contas xustificativas daqueles gastos que teñan a consideración de gastos que hai que xustificar, se prexuízo das competencias dos delegados provinciais respecto dos que correspondan a créditos que fosen desconcentrados.

3. As competencias delegadas nos números anteriores inclúen a sinatura dos documentos contables nos que se reflicten as correspondentes fases dos gastos, correspondéndolles ós directores xerais da consellería, no ámbito das súas respectivas competencias, a sinatura daqueles documentos que impliquen a mera actualización na contabilidade de actuacións xa documentadas en exercicios anteriores.

Cuarto.-Xestión patrimonial.

Delégase no secretario xeral o exercicio das facultades que a normativa en materia de patrimonio lle atribúe ó titular da consellería.

Quinto.-Subvencións.

Delégase no secretario xeral da consellería a competencia para resolve-los procedementos de concesión de axudas e subvencións, e se é caso, acorda-lo

seu reintegro e a incoación de procedementos sancionadores e imposición de sancións tipificadas como leves e graves no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Sexto.-Recursos e reclamaciones.

1. Delégase no secretario xeral o exercicio das competencias siguientes:

a) Resolve-los recursos administrativos de alzada e de revisión cando a facultade de resolución corresponda ó titular da consellería, e mesmo suspende-la execución dos actos impugnados.

b) Resolve-las solicitudes de revisión de oficio formuladas ó amparo do previsto no capítulo I do título VII da Lei 30/1992.

c) Resolve-las reclamacións previas á vía civil e ós procedementos de responsabilidade patrimonial á que se refire a Lei 30/1992, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, incluíndo, se é o caso, as correspondentes reclamacións contra as entidades de dereito público adscritas á consellería.

Sétimo.-Comisións de servicio con dereito a indemnización.

A designación das comisións de servicio, con dereito a indemnización, prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de todo o persoal dependente da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Oitavo.-Réxime interno.

A disposición de todo o relativo ó réxime interno da consellería, cando non sexa competencia do conselleiro ou doutra dirección xeral.

Noveno.-Criterios complementarios.

1. Na aplicación das delegacións contidas nesta orde, teranse en conta os siguientes criterios:

a) Enténdese comprendida na delegación no secretario xeral o exercicio da competencia para resolve-los recursos de reposición que se interpoñan contra as resolucións que dicte en virtude das facultades que se lle delegan nesta orden.

b) Atribúeselle ó secretario xeral o exercicio das competencias que, en materia de xestión financeira e orzamentaria, non están expresamente delegadas noutros órganos.

2. As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas polo autoridade que a conferiu.

3. En calquera momento, o conselleiro poderá reclama-lo exercicio das competencias que son delegadas por esta orde, das que quedan excluídas, en

todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no artigo 44.2º da Lei 1/1983, do 22 de febrero, reguladora da Xunta e do seu presidente.

4. En caso de ausencia ou enfermidade do secretario xeral, as atribucións contidas na presente orde quedarán encomendadas ós directores xerais seguindo a orde de prelación establecida no decreto que, en cada momento, regule a estructura orgánica da consellería, ó longo do tempo que persistan as mencionadas causas.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 19 de decembro de 2001, e cantas outras de igual ou inferior categoría se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural