Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de setembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Por Orde do 21 de abril de 2003 (DOG do 13 de maio) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

1. Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322I.480.0, as axudas que se relacionan no anexo I desta orde.

2. Denega-la axuda solicitada, polos motivos que se especifican, ás asociacións que figuran no anexo II desta orde.

3. O pagamento das axudas económicas farase unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase de xeito individualizado, por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

4. O prazo de xustificación, segundo o punto 11 da orde de convocatoria, remata o 30 de outubro de 2003, para as actividades celebradas ata o 30 de setembro incluído, e o 5 de decembro de 2003 para as actividades realizadas en outubro e novembro do mesmo ano.

5. Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais a dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

6. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CONVOCATORIA DE AXUDAS A MRP E ASOCIACIÓNS

ORDE DO 21 DE ABRIL DE 2003 (DOG DO 13 DE MAIO)

AXUDAS CONCEDIDAS

Nº ORDEENTIDADEAXUDA

CONCEDIDA

1A.R.P. PAIDES PARTHENOI9.080

2AGAPEMA2.742

3ANLLAR1.896

4ANPE-SINDICATO INDEPENDIENTE A CORUÑA7.914,96

5ASOCIACIÓN CHAVOS1.259,73

6ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-CULTURAL SOUTULLO1.261

7ASOCIACIÓN DE PROFESORES DE ESPAÑOL2.175

8ASOCIACIÓN EDUCACIÓN, DESARROLLO Y DIVERSIDAD2.522

9ASOCIACIÓN DE ENSINANTES DO SALNÉS CANDEA2.175

10ASOCIACIÓN ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO914

11ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA7.124,04

12COLECTIVO XELMÍREZ914

13CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA DO ENSINO7.550,27

14ESCOLA CRÍTICA1.261

15ESCOLA PARA TODOS2.742

16ESCOLA VIVA8.827

17FEDERACIÓN DO ENSINO DE CC.OO. DE GALICIA9.100

18FETE-UGT DE GALICIA2.522

19FUNDACIÓN QUINESIA1.800

20MRP-ASPGP4.583

21MRP-LUCUS2.522

22NOVA ESCOLA GALEGA4.350

23SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ914

24SINDICATO DE TRABALLADORES DO ENSINO-STEG4.003

TOTAL:90.152 A

ANEXO II

AXUDAS DENEGADAS

ENTIDADENOME ACTIVIDADEMOTIVO DA DENEGACIÓN

GRUPO ALETHEIAXIII XORNADAS DE FILOSOFÍAACTIVIDADE NON HOMOLOGADA

MRP-ASPGPACTIVIDADE DE RENOVACIÓN PEDAGÓXICAACTIVIDADE NON HOMOLOGADA

ASOC. E. ROSALÍA DE

CASTRO

A INFORMÁTICA COMO FERRAMENTA CURRICULARACTIVIDADE DO ANO 2004

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL