Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de setembro de 2003 pola que se lle autoriza a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Compañía de María da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Compañía de María da Coruña, no que solicita a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autorizarlle a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Compañía de María da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que para a súa posta en funcionamento a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Calvo Sotelo nº 2.

Denominación: centro privado Compañía de María.

Titular: Fundación Compañía de María.

Código do centro: 15004083.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 6.

Unidades novas autorizadas: 3.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades do segundo ciclo.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e a de humanidades e ciencias sociais.

d) Centro de educación especial: 1 unidade (psíquicos).