Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 4 de setembro de 2003 pola que se acorda a cesión da propiedade dunha unidade de cobaltoterapia e de tres tubos de raios X, propiedade do Servicio Galego de Saúde, en favor da Universidade de Santiago de Compostela.

A Universidade de Santiago de Compostela solicitou os elementos que integran unha unidade de cobaltoterapia Theratron 780C, así como tres tubos de raios X, propiedade do Servicio Galego de Saúde, e que se atopan en desuso no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. O Sergas considera necesario cederlle-la propiedade coa finalidade de destinalos ós fins de utilidade pública ou interese social do servicio público que desenvolve a universidade mediante o estudio, a docencia e a investigación.

O Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión da dita unidade de cobaltoterapia, así como dos tres tubos de raios X, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, modificado polo artigo 18 da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime admi

nistrativo (DOG nº 251, do 30 de decembro), e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto acorda-la cesión do material que se relaciona a continuación en favor da Universidade de Santiago de Compostela:

Unidade de cobaltoterapia:

-Unidade de irradiación de Co60 Theratron 780C, xunto coa consola de control.

-Mesa de tratamento.

-Láseres de posicionamento.

-Monitor de radiación ambiental.

-Cámara de vídeo e monitor de visualización.

-Porta blindada do búnker.

Tubos de raios X:

-CGR.

-Carcasa Statorix 240-90.

-Tubo modelo MSN742.

-S/N 85409.

-CGR.

-Carcasa Statorix 240-90.

-Tubo modelo MSN740.

-S/N 10562TX7.

-Tubo de CT modelo 46-27410061.

-S/N 51498CX4.

Artigo 2º.-Cláusulas de cesión.

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse ós labores de investigación que realiza a universidade de acordo coa utilidade pública ou interese social do servicio público que desenvolve mediante o estudio, a docencia e a investigación, tal e como esixe o artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e o artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

b) A cesión outórgalle á universidade a propiedade dos elementos detallados no artigo 1º.

c) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do servicio público que presta a universidade mediante o estudio, a docencia e a investigación.

Artigo 3º.-Formalización da cesión.

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral do Servicio Galego de Saúde, de acordo co disposto no artigo 4.6º do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, e o órgano competente da Universidade de Santiago de Compostela, debendo constar nela o acordo de cesión, no que se incluirá a relación de bens obxecto de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

Primeira.-O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade