Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo e de referencia OU 176/2003 IN e OU 195/2003 IN devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real

decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibili

dade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farao efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 8 de setembro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expte./AnoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 176/2003 INManuel Machado Rodrigues

X-1508160-G

R/ Cerezo nº 1

50003 Zaragoza

Abandono de vehículo

C-5552-AJ

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 195/2003 INBeatriz Sierra Ferreira

34982077

R/ Marcelo Macías 162

32002 Ourense

Abandono de vehículo

OU-9001-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A