Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores OU 066/2003 IN e oito máis, relacionados no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, a proposta de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro do 2003 da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta dele

gación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 9 de setembro de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado Provincial de Ourense

Expte./AnoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 066/2003 INJosé Feijoo Colmenero

34942644

R/ Pl. Antonio Gaudí nº 4, 3º

17190 Salt (Gerona)

Abandono de vehículo

OR-2818-B

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 099/2003 INMª Jesús Ramilo Rodríguez

76908857

Rúa Torre 24

36400 Atios (O Porriño)

Abandono de vehículo

C-6570-AC

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 134/2003 INRogelio do Espíritu Santo Varela

OR-006339

Rúa Progreso nº 202

32350 A Rúa

Abandono de vehículo

C-6609-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 138/2003 INJosefa Beneitez Rodríguez

34524893

R/ Montemedo nº 1, 4º

32004 Ourense

Abandono de vehículo

OR-5644-B

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 139/2003 INFernando de Sousa Lopes

76726170

R/ Irmáns Fernández Álvarez nº 6

32600 Verín

Abandono de vehículo

M-7037-GK

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 160/2003 INFrancisco Ares Rodríguez

76708620

R/ Elena Quiroga s/n, Viloira

32300 O Barco de Valdeorras

Abandono de vehículo

C-4489-W

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 173/2003 INRahail Miloudi

X-2552001-J

Avda. Coruña nº 125, 3º

27003 Lugo

Abandono de vehículo

LU-0577-N

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 177/2003 INMontejano y Ponchon S.A

A-28047033

R/ General Sanjurjo nº 29

28003 Madrid

Abandono de vehículo

OR-8901-E

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 186/2003 INLuz Mª Rodríguez Casares

34993628

R/ Jaén nº 10

28941 Fuenlabrada (Madrid)

Abandono de vehículo

B-5353-KV

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A