Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 2003/143, 2003/397 e 2003/398.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndoos de que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 2003/143.

Acta nº: 166/2003.

Titular: Changuiña, S.L.

NIF/DNI: B-15772726.

Enderezo: avda. Constitución, 26 baixo, Boiro.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 7-8-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503,00 A.

Feitos: unha vez visitado o centro de traballo da empresa sito na avda. Constitución, 26 baixo (Boiro), requiriuse a empresa para que presentase xustificación das modalidades adoptadas na organización dos recursos para as actividades preventivas, non presentando xustificante e carecendo de todo servicio de prevención propio ou alleo, e sen ter designado a ningún traballador para ocuparse da actividade preventiva na empresa en representación dela.

Vulnéranse os art. 4 a), d) e 19.1º do R.D.L. 1/1995; arts. 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995, en relación cos arts. 10, 12 e 16 do R.D. 39/1997.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.15º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 2003/397.

Acta nº: 267/2003.

Titular: Confecciones Astrugal, S.L.

NIF/DNI: B-15826472.

Enderezo: rúa Oviedo, 8-1º, Meicende (Arteixo).

Materia: traballo.

Data res.: 7-8-2003.

Resolución: sanción por importe de 301,00 A.

Feitos: visitado o centro de traballo de referencia, dedicado a taller de confección, comprobouse que os contratos realizados ás traballadoras son por con

trato de obra ou servicio determinado, pero sen xustifica-la existencia da dita obra ou servicio.

Vulnéranse os art. 5.1º do R.D.L. 5/2000; art. 15.1º a) do R.D.L. 1/1995 e art. 2 do R.D. 2720/1998.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 7.2º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 2003/398.

Acta nº: 268/2003.

Titular: Confecciones Astrugal, S.L.

NIF/DNI: B-15826472.

Enderezo: rúa Oviedo, 8-1º, Meicende (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 7-8-2003.

Resolución: sanción por importe de 3.006,00 A.

Feitos: visitado o centro de traballo de referencia, constatouse a existencia de dúas infraccións en materia de prevención de riscos:

1. A empresa non tiña efectuada a preceptiva avaliación de riscos.

Vulnéranse os art. 14 e 16 da Lei 31/1995 e arts. 3, 4 e 5 do R.D. 39/1997.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.15º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

2. A empresa non tiña, no momento da visita, a preceptiva organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade preventiva.

Vulnéranse os arts. 5.2º do R.D.L. 5/2000; arts. 14, 30 e 31 da Lei 31/1995 e arts. 10 e 16 do R.D. 39/1997.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 12.15º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 17 de setembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais