Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de incendios OU-124/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado ten dereito a coñecer en calquera momento do procedemento o estado de tramitación no que se encontra o expediente, acceder a el e obter copia dos documentos e das informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes e disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida presentar por escrito cantas alegacións ou propostas de probas que considere oportunas na defensa dos seus dereitos nesta delegación provincial sita na rúa do Paseo,18-5º piso.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 8 de setembro de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 0U-124/2003-INC.

Denunciado: José González Carballo.

Último enderezo coñecido: A Veiga (Ourense).

Feito denunciado: acender lume nun predio do denunciado, con autorización, pero sen adoptar ningunha das debidas precaucións de seguridade, estendéndose o mesmo sen control e tendo que presentarse un axente forestal, un coche bomba e unha brigada contra incendios para poder sofocalos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 a) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Sanción: 180,30 euros.