Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Oleiros.

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Oleiros (código convenio 1502992), que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 13-5-2003, complementado o 23-7-2003, subscrito en representación da parte económica polos representantes do concello, e da parte social polos do sindicato CC.OO. o día 23-4-2003, e ratificado polo Pleno da Corporación o 28-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,

polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de agosto de 2003.

P.S. (artigo 10 do Decreto 212/2003, do 3 de abril, DOG nº 72, do 11 de abril)

Ramón del Valle López

Secretario provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal laboral

do Concello de Oleiros

Convenio colectivo.

Anexo I: horario.

Anexo II: vestiario.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este convenio son o Concello de Oleiros e os seus OO.AA., e a central sindical CC.OO. e o comité de empresa do Concello de Oleiros, ó abeiro do establecido na Lei 9/1987 de órganos de representación e Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Inclúense expresamente o ente territorial do Concello de Oleiros e os seus OO.AA. dependentes.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio aplicarase:

3.1. Integramente a persoal laboral fixo.

3.2. Será tamén de aplicación, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego, ó

3.2. a) Persoal laboral temporal.

b) Persoal laboral interino.

Artigo 4º.-Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

4.1. O convenio entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no BOP, abarcando o seu período de vixencia tres anos, e entenderase prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo convenio que substitúa o anterior trala oportuna negociación.

4.2. As partes asinantes conveñen que o convenio se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, co fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 5º.-Obxecto.

O convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. dependentes, derrogando tódalas normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ó contido neste convenio.

Artigo 6º.-Carácter.

O convenio pretende ter un carácter necesario e indivisible para tódolos efectos no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.

Artigo 7º.-Irrenunciabilidade.

Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos/as traballadores/as, de calquera dereito establecido no convenio.

Artigo 8º.-Aplicación directa e favorable.

As partes asinantes do convenio comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puidesen supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Como norma xeral, unha vez aplicado o convenio, e trala consulta á comisión paritaria mixta de control e seguimento, tódalas condicións establecidas no convenio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ó sentido e alcance, terán que ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os traballadores/as, con sometemento pleno á lei e ó dereito.

Artigo 9º.-Publicidade do convenio.

Con independencia da súa aprobación polo Pleno municipal, será publicado no BOP da Coruña e facilitaráselle unha copia a cada traballador/a del.

Artigo 10º.-Conflictividade laboral.

As partes asinantes deste convenio comprométense a esgota-la vía de diálogo e negociación antes de adoptaren medidas disciplinarias ou actividades de conflicto laboral.

Capítulo II

Seguimento e control

Artigo 11º.-Comisión paritaria de control e seguimento.

1. Constituirase unha comisión paritaria de seguimento e control integrada polos representantes da corporación e do comité de empresa.

2. A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

Interpreta-lo texto do convenio en tódolos seus aspectos, cando xurdan dúbidas na súa concreta aplicación.

A vixilancia e o seguimento do cumprimento do establecido no convenio.

3. Esta comisión paritaria constituirase ós trinta días do asinamento do convenio, integrada por catro membros. A devandita comisión reunirase por petición de calquera das partes nun prazo máximo de catro días hábiles.

4. Os acordos da comisión tomaranse por unanimidade. Como norma xeral, tódalas condicións establecidas neste convenio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto a sentido e alcance, deberanse ter interpretado do xeito que resulte máis beneficioso para o traballador.

5. A comisión será presidida pola/o alcalde-presidente ou persoa en quen delegue.

6. O secretario/a será unha persoa designada entre os/as traballadores funcionarios do concello.

Capítulo III

Negociación colectiva

Artigo 12º.-Do dereito á negociación colectiva.

Os empregados/as ó servicio do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. terán dereito á participación na determinación das súas condicións de traballo conforme a lexislación vixente aplicable e no disposto nos seguintes artigos:

A corporación e os membros do comité de empresa comprométense a promove-las condicións que permitan o pleno desenvolvemento da liberdade sindical, recoñecida no artigo 28 da Constitución e na LO 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical. A actividade sindical na Administración rexerase polo título IV da devandita lei e o previsto na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 13º.-Mesa xeral de negociación do Concello de Oleiros.

13.1. A mesa de negociación virá constituída e formada por unha representación do concello e os sindicatos máis representativos, e do comité de empresa e xunta de persoal, e será a encargada de renegocia-los futuros e distintos convenios colectivos e acordos, unha vez rematada a vixencia dos anteriores.

13.2. A composición da mesa de negociación será paritaria.

13.3. A mesa de negociación reunirase, como mínimo, unha vez ó ano.

13.4. As decisións tomaranse por maioría da metade máis dous dos compoñentes da mesa.

13.5. Recoméndase a constitución dunha mesa xeral de negociación única para o persoal laboral e funcionario para os efectos sinalados.

Artigo 14º.-Obxecto da negociación.

Ó abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, e o artigo 85 do Real decreto 1/1995, do 4 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores, serán obxecto de negociación as seguintes materias:

a) O incremento de retribucións do persoal nos orzamentos ordinarios anuais da entidade.

b) A determinación e aplicación das retribucións.

c) A preparación e o deseño dos programas de oferta de emprego público.

d) A clasificación de postos de traballo.

e) A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción do persoal.

g) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

h) Medidas sobre seguridade e saúde laboral.

i) As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten as condicións de traballo e o ámbito de relacións laborais do persoal e representantes sindicais coa entidade.

Capítulo IV

Dereitos e deberes

Artigo 15º.-Dereitos e deberes.

No relativo ós dereitos e deberes dos traballadores/as locais observarase o disposto pola lexislación vixente aplicable ó respecto.

A corporación comprométese a esgota-la vía do diálogo e da información reservada, logo de iniciación do expediente disciplinario a calquera traballador/a do concello e dos seus OO.AA.

A imposición de calquera sanción de carácter disciplinario regularase polo contido no Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia, regulador da materia e, subsidiariamente, pola lexislación estatal dictada para o efecto na materia.

Capítulo V

Absentismo laboral

Artigo 16º.-Absentismo laboral.

Calquera tipo de medidas que se tomen para reduci-lo absentismo na entidade local, e o xeito de levalas a cabo, é responsabilidade única da empresa, que lles dará cumprida información ós representantes dos/as traballadores/as.

Capítulo VI

Solución extraxudicial de conflictos colectivos

Artigo 17º.-Solución extraxudicial de conflictos colectivos.

Unha vez recoñecido o dereito á negociación colectiva no marco das administracións públicas pola lexislación vixente aplicable (Lei 9/1987 modificada polas leis 7/1990 e 18/1994), establécese como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación, a mediación e a arbitraxe. Recóllese neste convenio a recomendación da súa aplicación conforme os seguintes orzamentos:

Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de conflictos poderase levar a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe.

Capítulo VII

Asistencia e permanencia no traballo

Artigo 18º.-Calendarios laborais.

1. O calendario laboral ordinario será o que establezan os organismos competentes da Administración central, autonómica e local, dentro das súas respectivas competencias.

2. En todo caso, os servicios que pola súa peculiaridade teñan que se organizar en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as traballadores/as.

Nos servicios nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ó servicio, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo, e procurando que ningún traballador/a permaneza na quenda de noite máis de dous meses consecutivos, agás adscrición voluntaria.

As propostas de calendario laboral específico de cada servicio serán consultadas nos seus ámbitos respectivos cos representantes sindicais.

3. Os calendarios laborais elaboraranse antes do 31 de decembro de cada ano e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas así o requiran.

4. Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada e consultada, e notificaráselles coa antelación oportuna ós interesados e ós órganos de representación do persoal.

O cambio dun/nha traballador/a ou grupo de traballadores/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do servicio.

5. Os días 24, 31 de decembro serán inhábiles para todo o persoal, e considerados como días festivos, para o persoal administrativo, coas peculiaridades derivadas da realización dos servicios de carácter obrigatorio.

Artigo 19º.-Xornada laboral.

1. A xornada ordinaria de traballo establécese, por imperativo legal, nun máximo de 37,5 horas semanais.

2. A xornada máxima anual será de 1.665 horas. Non terán natureza de horas extraordinarias aquelas que, excedendo das 37,5 horas semanais, non superen as 1.665 horas anuais.

3. O alcalde ou persoa en quen delegue poderá autorizar con carácter excepcional, persoal e temporal, a modificación do horario fixo para atender ás necesidades de conciliación da vida laboral e persoal e familiar.

4. Tempo de traballo efectivo.

Todo o persoal en réxime de xornada continuada desfrutará dunha pausa mínima de vinte minutos na xornada, que se computará como de traballo efectivo.

5. A traballadora, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha reducción da xornada normal en media hora ó inicio e ó remate da xornada, ou nunha hora, ben sexa ó inicio ben ó remate da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polo pai ou pola nai, no caso de que ambos traballen.

6. O procedemento para a realización e o aboamento de horas extras será o seguinte:

Fase 1ª .-Autorización:

1º Emitirá un informe-proposta o responsable da área ou superior xerárquico co visto e prace do concelleiro/a delegado/a, dirixido ó departamento de persoal, no que constarán expresamente os seguintes aspectos:

Traballos específicos que se van realizar, descrición e cuantificación.

Duración estimada deles.

Xustificación da imposibilidade da súa realización na xornada laboral e motivación da súa urxencia e necesidade.

2º Procederase á emisión de informe de custos polo departamento de persoal.

3º Informarase da existencia de crédito suficiente e axeitado polo departamento de intervención ou intervención delegada.

4º Dictarase resolución pola concelleira delegada de persoal ou presidente do Consello de Administración, autorizando ou denegando a proposta con base nos informes anteriores.

Fase 2ª.-Realización dos traballos:

1º Os traballos realizados deberanse corresponder cos sinalados na proposta do responsable da área.

2º O tempo empregado non pode supera-lo autorizado.

Fase 3ª.-Aboamento das horas realizadas:

Unha vez realizadas, para proceder ó aboamento das horas extras cumpriranse os seguintes requisitos:

1º Informe do responsable da área no que faga consta-lo nivel de cumprimento dos obxectivos propostos.

2º Xustificación con marcaxes horarias da realización do tempo extra e xustificación de que se cumpre coa xornada laboral regulamentaria, condición que, de non se cumprir, imposibilitará a aceptación da proposta de realización de horas. De tódolos xeitos, de suceder, computaranse as horas extras unha vez deducidas as horas de absentismo.

7. Réxime de especial dedicación:

1. O réxime de especial dedicación implicará:

A dispoñibilidade por razóns de servicio para o desenvolvemento dunha xornada anual de traballo de 1.784 horas, o que supón 163 horas dispoñibles fóra do horario e quenda ordinarios, sen dereito a compensación.

A incompatibilidade para o exercicio de calquera outra actividade lucrativa, pública ou privada, consonte o establecido pola Lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, e no capítulo XIV deste texto.

2. A entidade local determinará os postos de traballo suxeitos ó réxime de especial dedicación.

8. Traballo en período nocturno.

Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 10 da noite (22.00) e as 6 da mañá (6.00).

As horas que se realicen en horario nocturno computarán como 1 hora e 15 minutos para os efectos de cálculo e determinación da xornada semanal, agás o persoal contratado especificamente para exerce-las súas funcións en horario nocturno e aqueles que pola natureza do traballo realicen quendas neste horario, que completará a xornada correspondente, sen prexuízo da retribución específica da nocturnidade que corresponda.

9. Traballo en período festivo.

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22.00 horas da véspera e as 22.00 horas de cada domingo ou festivo.

As horas que se realicen en horario festivo computarán como 1 hora e 30 minutos de traballo efectivo para os efectos de cálculo e determinación da xornada semanal.

A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

10. Traballo por quendas.

Naqueles servicios municipais que pola natureza da súa actividade se deban organizar por quendas de traballo, estas efectuaranse mediante a rotación entre tódolos/tódalas traballadores/as. Procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos ou horas nocturnas, as xornadas traballadas nas devanditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ó servicio.

Entenderase por distorsión horaria o prexuízo do traballador/a que teña que prestar servicio alternativamente en quendas variables de mañá, tarde ou noite. A distorsión horaria será retribuída nas condicións e contías que se establezan segundo os acordos da corporación para o efecto.

11. Pausa entre cada xornada.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servicio municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

Artigo 20º.-Servicios especiais ou de urxencia.

1. Estes servicios poderán dispoñer dun sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e ós servicios que se van realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, así como, cando menos, dúas fins de semana de descanso ó mes.

2. A súa xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal.

3. O horario de prestación do servicio será consultado pola respectiva corporación local cos representantes dos traballadores, oídos os empregados afectados.

Artigo 21º.-Vacacións anuais.

1. As vacacións anuais terán a duración dun mes natural ou de vintedous días hábiles anuais (no caso de se fraccionar), por ano completo traballado, e os días que correspondan proporcionalmente ó tempo de servicios efectivos. Así mesmo, terán dereito a un día hábil máis ó cumpriren quince anos de servicio, engadíndose un día hábil máis ó cumpriren os vinte, vintecinco e trinta anos de servicio, ata un total de vinteseis días hábiles por ano natural. Para os efectos deste artigo non se computarán os sábados como días hábiles. O período mínimo de vacacións que se desfrutarán será de cinco días hábiles.

2. Desfrutaranse, preferentemente e con carácter xeral, entre xuño e setembro, respectando sempre as necesidades do servicio.

3. No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comeza-lo período de vacacións en descanso semanal establecido.

4. No suposto de baixa por enfermidade ou accidente, interromperase o cómputo do período de vacacións e reiniciarase unha vez recuperada a alta polo traballador, de acordo coas necesidades do servicio.

5. No suposto de se producir colisión de intereses entre o traballador/a afectado pola enfermidade ou por accidente e aqueloutros do seu mesmo servicio, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso terá que se supeditar ás necesidades do servicio.

6. O plan de vacacións anuais será elaborado debendo presentar cada departamento o seu plan de vacacións na área de persoal e RR.HH., antes do 1 de abril, para a súa aprobación polo órgano competente antes do 15 de abril de cada ano, e comunicaráselles ós representantes dos traballadores, de xeito que cada traballador poida coñece-las datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data do comezo daquelas.

7. A traballadora embarazada terá dereito e preferencia a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as una sen solución de continuidade á baixa por maternidade.

8. Os traballadores con fillos menores ó seu cargo en idade escolar obrigatoria terán preferencia a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias, sempre que coincidan co período de vacacións dos seus fillos/as.

9. Vacacións servicios especiais. Cando, por necesidades especiais, non puidesen desfrutar de forma xeral as súas vacacións durante os meses de preferencia, aseguraranse de que alomenos un traballador as poida desfrutar en cada un deses meses, de xeito rotativo.

10. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador/a ou sexa declarado este en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non teña desfrutado ou completado na súa totalidade o desfrute do período de vacacións.

11. O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos/as interesados/as, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servicio, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidas.

12. Residualmente aplicarase o criterio de que nos servicios onde se poida producir colisión de intereses respecto ó desfrute das vacacións, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo/a traballador/a con maior antigüidade.

Artigo 22º.-Licencias e permisos.

En materia de licencias e permisos observarase o regulado pola lexislación aplicable en cada momento e o que se dispón a continuación:

Licencias retribuídas.

Licencia por matrimonio:

Por matrimonio propio, o persoal laboral terá dereito a unha licencia de quince días naturais, que se poderán desfrutar con anterioridade ou posterioridade á súa celebración así como fraccionada por semanas, incluíndo a devandita data, podendo acumulalo ás vacacións.

Licencia por maternidade, adopción ou acollemento:

a) O período de licencia por maternidade será de dezaseis semanas que se poderán utilizar con carácter pre- ou posparto, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, segundo a conveniencia da interesada. Se se produce parto múltiple, a licencia alongarase en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. Tamén a partir da sexta semana posterior ó parto a traballadora poderá optar por traballar a media xornada, ata o remate da licencia, sempre que as necesidades dos servicios o permitan.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto, de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que a nai e o pai traballen, esta poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida de período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ben sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

b) A traballadora xestante ou en período de lactación terá dereito a ocupar durante o embarazo un posto de traballo ou xornada distinto/a ó seu, sempre que, segundo prescrición médica, o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos.

Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal.

As traballadoras embarazadas terán dereito a se ausentar do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral.

c) Nos casos de adopción e acollemento, se o fillo adoptado ou acollido é menor de 6 anos, a licencia terá unha duración máxima de 16 semanas contadas, á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se vén constituí-la adopción. Se o fillo adoptado ou acollido é maior de 6 anos e se trata de discapacitados ou minusválidos físicos ou psíquicos, a licencia terá tamén unha duración de 16 semanas. No caso de que a nai e o pai traballen, o permiso distribuirase á opción dos interesados, que o poderán desfrutar de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos.

Licencia por estudios:

a) O persoal terá o dereito e o deber de realizar cursos de perfeccionamento e promoción profesional sobre materias relativas ó posto de traballo que ocupa, ou para poder acceder a outro distinto e/ou de superior categoría.

b) Poderase conceder licencia para realizar estudios ou cursos en materia directamente relacionada coa función pública, despois de solicitalo presentando no rexistro xeral e con fundamento na xustificación na súa asistencia e da necesidade ou non para o servicio que preste o/a traballador/a. Esta licencia será concedida polo alcalde ou concelleiro delegado, e debe contar co informe favorable do xefe de departamento correspondente. No caso de se conceder (con carácter de comisión de servicios), o traballador terá dereito a percibi-la súa remuneración e á indemnización prevista na lexislación aplicable se así o considerase o órgano resolutivo.

Licencia por enfermidade:

Nos casos de licencia por incapacidade temporal legalmente declarada, observarase o establecido para estas situacións no réxime xeral da Seguridade Social para os casos de incapacidade temporal.

As enfermidades que impidan o normal desenvolvemento das funcións públicas darán lugar a licencias de ata tres meses con plenitude dos dereitos económicos. Estas licencias poderanse prorrogar por períodos mensuais ata un máximo de seis meses, logo de solicitude ó alcalde. Transcorrido este, será a Alcaldía, co dictame do Comité de Seguridade e Saúde, quen optará por prorroga-la licencia, ou non, dos dereitos económicos.

No caso de que a licencia sexa motivada por accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibirase o cento por cento das retribucións durante todo o período da baixa, coa excepción de que o motivo dela se debese a unha neglixencia individual grave segundo resolución do Comité de Seguridade e Saúde constituído no concello.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos:

1. Por enfermidade grave, hospitalización, accidente ou falecemento dun familiar, aplicaranse os seguintes permisos retribuídos:

Dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles se o suceso se produciu dentro da área metropolitana da Coruña e cinco días hábiles cando sexa fóra dela.

Este permiso será de cinco días hábiles indistintamente de onde suceda o lugar do feito, se o finado/a é o cónxuxe/parella de feito ou fillo/a.

Dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días hábiles se o suceso se produciu dentro da área metropolitana da Coruña e catro días hábiles cando sexa fóra dela.

2. Quen, por razón de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos, un ancián ou un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha actividade retribuída ou non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terán dereito a unha reducción da xornada total ordinaria entre alomenos un tercio e un máximo da metade da súa duración, e sufrirán a conseguinte diminución proporcional das retribucións.

3. Por traslado de domicilio: 1 día, e non se poderá repeti-lo permiso neste concepto máis dunha vez ó ano.

4. Permiso para asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así como probas selectivas que se realicen dentro da xornada normal de traballo, 1 día, polo tempo necesario para a súa realización.

Deberán ser autorizados polo alcalde ou concelleiro delegado de persoal e deberanse xustificar cun certificado de asistencia no que conste a data de realización e o tempo de duración, que deberá ser presentada nos cinco días seguintes á data do exame.

5. Permiso por asuntos persoais: nove días laborables ó ano, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servicio. Tódolos/as traballadores/as que non teñan esgotados os devanditos días poderán desfrutar ata un máximo de catro días, en dúas quendas coincidindo coa festividade de Nadal. Así mesmo, elaborarase un calendario de pontes, un ó ano, para cada traballador/a, con cargo a un día por asuntos propios.

6. Polo tempo preciso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Para a realización destes deberes, os/as traballadores/as terán dereito ó permiso polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poidan facer fóra da xornada normal de traballo, e deberán acreditalo documentalmente.

7. Permisos non retribuídos.

Por asuntos propios poderanse conceder licencias sen retribuír, dunha duración determinada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos.

Artigo 23º.-Excedencia por coidado de fillos e reducción de xornada.

O persoal laboral fixo terá dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción, contado desde a data de nacemento deste ou da adopción. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que porá fin ó que se viñese desfrutando. A excedencia recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores deste concello xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o órgano competente poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento do servicio.

O tempo de desfrute da excedencia recollida neste artigo computará para os efectos de antigüidade. Para os efectos de cotización na Seguridade Social observarase o disposto no Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro, e normativa concordante.

Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou discapacitado físico, psíquico ou sensorial, que non desenvolvan unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo entre un tercio ou a metade da duración daquela, coa diminución proporcional das retribucións, se é o caso.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente o enfermidade non se poidan valer por si mesmos, e que non desenvolvan actividade retribuída.

Os/as traballadores/as ós que lles falten menos de cinco anos para cumpri-la idade de xubilación forzosa poderán solicita-la reducción da súa xornada de traballo entre un tercio e un medio, coa diminución proporcional das retribucións, se é o caso.

A devandita reducción de xornada poderá ser solicitada e obtida, de xeito temporal, por aqueles traballadores que a precisen en procesos de recuperación por razón de enfermidade. Estas solicitudes serán atendidas sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Artigo 24º.-Común a permisos e licencias.

Nas referencias feitas neste capítulo a días de permiso ou licencias, entenderanse feitas a días naturais, agás nos casos nos que expresamente se recollan dun xeito específico.

En todo caso, os días de permiso por traslado de domicilio, asistencia a exames, matrimonio propio, enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares deberán coincidir necesariamente co día no que se produza o evento.

As solicitudes de permisos e licencias presentaranse no departamento de persoal e RR.HH. do concello, que disporá duns modelos normalizados para o efecto.

Os permisos e licencias de ata cinco días de duración deberanse solicitar con tres días hábiles de antelación, e con cinco días os de maior duración, agás nos casos de urxente necesidade, debidamente motivada, nos que non será necesario o cumprimento do indicado aviso previo.

A concesión dos permisos e licencias corresponderalle ó alcalde-presidente do concello ou órgano asimilable nos seus OO.AA., ou persoa na que delegue.

As solicitudes e licencias formuladas en forma e prazo seranlles notificadas ós interesados coa debida antelación (un día como mínimo) á data na que debe comeza-lo desfrute delas.

Calquera resolución negativa dos permisos e licencias deberá ser debidamente motivada.

Previamente á adopción de calquera resolución denegatoria deberán ser oídos o interesado/a e o comité de empresa.

Carecerán de validez e considéranse nulos, para tódolos efectos, os permisos e licencias que non sexan tramitados e resoltos consonte o establecido neste convenio, sen prexuízo do establecido para os casos de urxente necesidade.

Capítulo VIII

Condicións profesionais

Artigo 25º.-Oferta de emprego público.

1. As prazas vacantes do cadro de persoal dotadas orzamentariamente, que non sexan susceptibles de seren cubertas por persoal da corporación, constituirán anualmente oferta de emprego público, que será obxecto de negociación na mesa de negociación.

2. Nas ofertas de emprego público deberá figura-lo número porcentual que a lexislación vixente reserva a persoas con minusvalidez, especificando a denominación e as características das prazas.

3. As bases xerais de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así como para a promoción interna e provisión de postos de traballo serán comunicadas á mesa xeral de negociación.

4. Os sistemas de selección empregados serán os de oposición, concurso-oposición e concurso.

Artigo 26º.-Sistemas de promoción.

A existencia dun axeitado sistema de promoción contribúe a incrementa-la motivación e a satisfacción profesional dos/as traballadores/as, así como a mellora-lo nivel de eficiencia e calidade co que se prestan os servicios públicos.

1. A promoción interna consiste no ascenso desde unha categoría profesional ó inmediatamente superior. O sistema de promoción será o de concurso-oposición. Quen acceda ós grupos por este sistema terá preferencia para cubri-los postos de traballo respecto ó persoal de novo ingreso.

2. Os traballadores que participen en probas de promoción interna deberán ter, alomenos, unha antigüidade de dous anos no grupo ó que pertenzan e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó corpo no que aspiran a ingresar. Poderase, excepcionalmente, facer dispensa da titulación esixida, con carácter xeral, cando os aspirantes acrediten a superación de cursos realizados en escolas públicas e na formación continua, sempre que previamente á realización dos devanditos cursos se especifique a súa valía para os efectos da antigüidade pertinente.

Artigo 27º.-Asistencia xurídica.

1. O Concello de Oleiros garantiralle a prestación de asistencia xurídica especializada a todo o persoal laboral que a precise por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servicio.

Artigo 28º.-Adscrición por causas de saúde.

A protección do traballador fronte ós riscos laborais necesita tamén dunha actuación dinámica, que englobe as posibles situacións e circunstancias que se puidesen producir no transcurso da súa vida laboral. O concello, con base no anterior, poderá toma-la seguinte medida: conceder traslados por razóns de saúde, adscribindo o persoal laboral solicitante a postos de traballo vacantes, cun nivel retributivo que non sexa superior ó de procedencia.

Artigo 29º.-Uso da lingua galega.

1. Os traballadores/as do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua da Comunidade Autónoma e, en particular, da Administración local, e polo tanto acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

2. O Concello de Oleiros proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento axeitado da lingua galega. Os/as traballadores/as do Concello de Oleiros teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego, dentro do horario de traballo.

3. O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

No caso de que os cursos de galego non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal ó cargo da entidade local ou non sexan organizados por esta, esta aboará se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas de custo e os gastos de desprazamento pertinentes.

Capítulo IX

Sistema retributivo

Artigo 30º.-Conceptos salariais.

As retribucións básicas e os trienios percibidos anualmente polo persoal laboral do concello e dos seus OO.AA. son os que se fan constar na táboa seguinte. Este persoal, así mesmo, ten asignado con carácter xeral e mensual dous complementos:

-Complemento convenio: que retribúe o nivel técnico esixido ó/á traballador/a para o desempeño do seu posto de traballo. Existe unha escala salarial entre o nivel 11 e o 30 que máis abaixo se relaciona.

-Específico: que retribúe as características propias do posto de traballo.

Así mesmo, tamén se pode percibir en concepto de melloras na prestación do servicio un complemento de productividade.

GrupoSoldo/eurosTrienios/euros

A12.336,60474,00

B10.470,48379,20

C7.805,04284,64

D6.381,96190,20

E5.826,24142,68

NivelImporte/euros

3010.832,88

299.716,88

289.308,16

278.899,44

267.807,56

256.927,00

246.518,40

236.109,92

225.700,96

215.292,96

204.916,76

194.665,60

184.414,44

174.163,28

163.912,60

153.661,32

143.410,40

133.159,12

122.907,84

112.657,04

Estas cantidades deberanse actualizar anualmente co IPC oficial, fixado na Lei de orzamentos do Estado para cada ano.

Artigo 31º.-Aboamento de horas extraordinarias.

Ámbalas dúas partes coinciden na conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, isto é, as realizadas fóra da xornada laboral, salvo as producidas por necesidade urxente ou as de forza maior, que serán de inescusable cumprimento.

G.H. E. normalH. E. noct. ou festivaH. E. noct. e festivas

A19,12 A20,92 A23,22 A

B17,30 A20,56 A22,82 A

C14,24 A15,68 A17,40 A

D10,82 A12,08 A13,40 A

E10,09 A11,18 A12,40 A

Artigo 32º.-Indemnizacións por razóns de servicio.

a) Gastos de desprazamento: terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades que se lle deberán pagar ó persoal polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servicio encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta da entidade utilizando o medio de transporte que se determine, procurando que o desprazamento se efectúe por liñas regulares de transporte. As contías que se van aboar neste concepto serán as dispostas nas leis estatais para estes efectos en cada período.

b) Indemnización por asistencia a sesións de tribunais ou comisións de selección para o acceso ou promoción no emprego público, sempre que teñan lugar fóra da xornada laboral.

As contías para o ano 2003 serán as seguintes (contías referidas a euros), segundo o grupo da praza seleccionada:

ABCDE

Pres./secr.45,89328442,83413339,78099136,71582933,656678

Vocal42,83413339,78099136,71582933,65667830,597526

Actualización anual de acordo coa lexislación vixente.

c) Axudas de custo: entenderase por axuda de custo a cantidade que se pagará polos gastos orixinados cada día pola estadía e manutención fóra da residencia habitual por razóns de servicio.

As contías para o ano 2003 serán as seguintes (contías referidas a euros):

GruposAlox.Manut.Ax. custo enteira

A e B58,89918636,66173895,560925

C, D e E 44,47489627,64655772,121453

Actualización anual segundo a lexislación vixente.

Artigo 33º.-Anticipos.

Logo da solicitude do/a traballador/a, serán concedidos pola corporación de acordo coa lexislación vixente na materia.

Capítulo X

Consolidación de emprego temporal e procesos

de funcionarización

Artigo 34º.-Consolidación de emprego temporal e de persoal interino.

A convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino ou consolidación do emprego temporal estructural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade; e mediante os sistemas selectivos de concurso ou concurso-oposición. Neste último caso, na fase de concurso poderanse avaliar, entre outros méritos, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria.

a) Avaliaranse as situacións que con este carácter se produzan no Concello de Oleiros e nos seus OO.AA. e proporase a creación das correspondentes prazas e postos que respondan ás situacións e tarefas de carácter permanente ou estructural.

b) Proporase a inclusión na oferta de emprego do Concello de Oleiros e dos seus OOAA das prazas e postos antes sinalados, así como os que estean desempeñados por persoal interino laboral ata o límite máximo que permita a normativa vixente.

1. As prazas e os postos sinalados incluiranse con carácter xeral na RPT no momento da súa aprobación.

2. A consolidación de emprego deberase realizar de acordo coas necesidades de planificación estra

téxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá comporta-la recolocación de prazas e postos de acordo coas necesidades dos servicios, e trala consulta coas organizacións sindicais.

3. Os procesos de consolidación non poderán determinar en ningún caso aumento ou diminución de efectivos.

Artigo 35º.-Procesos de funcionarización.

Os procesos de funcionarización responden á necesidade de adaptar á normativa vixente o réxime xurídico dos postos de traballo da entidade local. Esta adaptación reviste un maior interese despois da publicación da Lei 5/1997 da Administración local de Galicia, que determina os postos que poden ser desempeñados en réxime laboral precisando a regulación contida no artigo 15 da Lei 30/1984. De acordo co sinalado, formulamos esta proposta co contido que se sinala a continuación:

1. A entidade local, trala consulta coa representación sindical, definirá aqueles postos de traballo que, de acordo coa normativa vixente, deban ser desenvolvidos por persoal funcionario.

2. De acordo coa normativa vixente, e trala consulta coas organizacións sindicais, estudiaranse os correspondentes procesos de funcionarización que serán aplicables ó persoal que ocupe postos de traballo que se deban desenvolver en réxime funcionarial.

O Pleno da entidade determinará os postos de traballo funcionarizables realizando as correspondentes modificacións nos catálogos ou relacións de postos de traballo e adscribindo os postos, se fose posible, conforme a normativa vixente, á escala correspondente, como mínimo, o grupo de clasificación inicial.

3. Ós procesos de funcionarización seranlles aplicados, como mínimo, os seguintes criterios:

a) Seralles de aplicación o proceso de funcionarización, e, en consecuencia, poderán participar neste, a aqueles traballadores contratados en réxime laboral á entrada en vigor da Lei 23/1988 que modifica o artigo 15 da Lei 30/1984, que ocupen un posto que deba ser desempeñado en réxime funcionarial, así como ó persoal laboral fixo que adquiriu esa condición e ingresou en postos funcionarizables con posterioridade a esa data mediante probas selectivas convocadas con anterioridade a esta.

Ademais do sinalado, para o acceso ás correspondentes prazas de persoal funcionario os aspirantes deberán reuni-los requisitos xerais de acceso á Función Pública local, de acordo coa normativa vixente.

b) As probas selectivas serán axeitadas ó nivel profesional do corpo ou escala correspondente.

c) As convocatorias poderán ser sectorizadas e esixiranse coñecementos relacionados coas tarefas que se desenvolvan na área de actividade correspondente.

d) Os plans de emprego poderán establecer criterios específicos en particular sobre as oportunidades dos candidatos para concorreren ás probas selectivas.

Capítulo XI

Formación

Artigo 36º.-Obxectivos.

A formación dos traballadores/as do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA., constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afronta-la modernización destes.

Neste contexto a formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obriga, constituíndo un factor básico para incrementa-la motivación e a integración dos traballadores/as e un mecanismo eficaz e indispensable para articula-la mobilidade e a promoción.

É manifesta, pois, a importancia da formación nos momentos actuais para desenvolver unhas administracións locais máis eficaces, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementa-la eficacia e a calidade dos servicios que prestan as administracións públicas e o persoal ó seu cargo.

Unha función de promoción que permita a un gran número de empregados públicos evita-lo estancamento na súa cualificación profesional.

Unha función de axeitamento e integración das previsións dos plans de emprego, entendidos como mecanismo de planificación estratéxica dos recursos humanos.

A partir do asinamento do texto do convenio e, en todo caso, nun prazo non superior a tres meses, desde o asinamento, a mesa de formación continua que se constitúa elaborará un regulamento de funcionamento que garanta a participación en tódolos procesos de formación continua que se deriven da súa actuación.

Artigo 37º.-A mesa de formación continua.

A mesa de formación do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. constitúese coa finalidade da participación e o seguimento dos plans e programas de formación do Concello con tres funcións esenciais:

Aprobación e elaboración de estudios previos para o desenvolvemento dos plans e programas de formación continua.

A detección, valoración e análise das necesidades formativas no campo da Administración local do Concello de Oleiros.

Seguimento e avaliacións dos plans de formación do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA.

Artigo 38º.-Os plans de formación. Contido.

Os plans de formación que se presenten perante a mesa de formación continua terán, como mínimo, o seguinte contido:

Obxectivos e descrición das accións que se van desenvolver.

Ámbito de aplicación do plan: unidades administrativas ás que afecta.

Colectivo afectado e número de participantes.

Calendario previsto de execución.

Custo estimativo das distintas actividades formativas.

Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade.

Modalidade de xestión das actividades formativas.

Criterios de avaliación do plan de formación.

Artigo 39º.-Acceso ós plans de formación.

Tódolos/as traballadores/as do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. terán a posibilidade de acceder ós plans de formación continua da corporación, así como a plans agrupados que o engloben.

Capítulo XII

Prevención de riscos laborais

Artigo 40º.-Prevención de riscos laborais.

As partes asinantes fomentarán o cumprimento da lexislación existente e a realización polo concello das accións derivadas dela, entre elas:

Avalia-los postos de traballo co obxecto de modifica-las súas condicións cando fose preciso e informa-los traballadores sobre os seus riscos.

Realizar recoñecementos médicos de conformidade co disposto nos artigos 22 da Lei de prevención e 37 do Regulamento dos servicios de prevención.

Elaborar plans de evacuación de tódolos centros de traballo.

1. Constituirase un comité de seguridade e saúde, que será o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans e programas de prevención de riscos do Concello de Oleiros e os seus OO.AA.

2. Os delegados de Prevención que integren o devandito comité serán designados polo persoal laboral e funcionario, segundo o número de traballadores en cada colectivo.

3. As funcións que deberán ser realizadas polos ditos delegados son as que veñen sinaladas polo artigo 36 do devandito texto legal.

4. O concello proporcionaralles a estes delegados os medios e a formación en materia preventiva que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións. O custo de formación e medios será por conta da empresa, e o tempo dedicado será considerado como tempo de traballo para tódolos efectos.

Disposición derrogatoria

Este convenio derrogará tódalas normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ó seu contido.

Disposición derradeira

Este convenio colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP da Coruña.

ANEXO I

Horarios

-Persoal administrativo (casa do concello):

De luns a venres: das 8.00 ás 15.00 horas.

Sábados: das 8.45 ás 13.15 horas, segundo quendas preestablecidas.

Para o persoal de servicios, en xeral, á marxe dos horarios que se reflicten, excepcionalmente, observaranse as necesidades do servicio e as actividades escolares.

-Persoal de servicios (nave municipal):

De luns a venres: das 8.00 ás 15.00 horas.

Sábados, das 9.00 ás 14.00 horas, segundo quendas preestablecidas.

-Limpadoras:

En xeral de luns a venres: das 8.00 ás 10.00 horas (mañá).

Das 15.00 ás 20.30 horas (tarde).

-Conserxes dos colexios:

Xornada partida de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e das 17.00 ás 19.00 horas.

Xornada continua de luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas.

-Conserxes centros públicos:

Xornada partida de luns a sábado das 8.00 ás 15.00 horas e das 15.00 ás 22.00 horas en quendas semanais alternas.

-Conserxes centros públicos:

Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas.

-Bibliotecas:

Horario de inverno:

De martes a venres, das 10.00 ás 13.30 horas.

De luns a venres, das 15.30 ás 20.00 horas.

Sábados alternos desde as 11.00 ás 13.00 horas.

Horario de verán: (do 15 de xuño ó 15 de setembro).

De luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas.

-Casa de Oficios:

De luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas.

1 día á semana das 8.00 ás 13.00 e das 16.00 ás 20.00, ampliable durante a impartición de cursos ata as 21.00 horas.

-Casa da Xuventude:

Horario de inverno:

De luns a venres:

Das 9.00 ás 14.00 horas (mañá).

Das 18.00 ás 20.00 horas (tarde).

Horario de verán: (do 15 de xuño ó 15 de setembro).

De luns a venres: das 8.00 ás 15.00 horas.

ANEXO II

Vestiario

-Anualmente:

Vestiario/EPIS. inverno:

* Operarios: 1 par de botas negras seguridade clase S3.

1 traxe abrigo (pana ou similar).

1 camisa/polo inverno.

1 xersei.

Vestiario/EPIS verán:

1 par botas serraxe sdade. clase S3.

1 traxe verán (tergal ou similar).

1 camisa/polo verán.

-Cada dous anos:

1 par botas auga sdade. caucho ou simil.

1 conxunto parka triple uso desmontable-réflex e pantalón.

Nota: os traxes para traballo no exterior e en horario nocturno deberán estar provistos de reflectante segundo normativa.

Luvas: entregaranse as luvas precisas para o desenvolvemento do traballo (mínimo 4 pares ó ano segundo actividade).

Clases:

-Luvas serraxe (pel vacúa).-Luvas PVC-anticorte.-Luvas risco químico-biolóxico.-Luvas pel flor-xardíns.

Equipamentos especiais:

* Xardíns.

-Cada dous anos:

1 casco xardíns.

1 pantalla proteccións impactos-rozad.

-Cada tres anos:

1 pantalón anticorte motoserra.

1 pantalón rozadora.

* Xardíns-poda en altura.

1 chaqueta anticorte motoserra.

* Ferrería.

-Anualmente:

1 pantalla soldador.

1 par lentes protección.

-Cada dous anos:

2 pares guantes fragua/ferreiro.

1 mandil fragua ferreiro.

* Taller mecánico:

Entregaranse dous conxuntos de traxe e pantalón en cada temporada no canto de 1.

* Camiños-obras bituminador.

1 mandil regador.

1 botas regador.

1 par perneiras regador.

Nota: todo aquel material deteriorado por impactos, roturas ou ben por caducidade deberá ser inmediatamente reposto.

-Materiais:

Máscaras portafiltros.

Máscaras antipó.

Filtros antipó.

Filtros gases.

Cristais soldador.

Lentes soldador.

Lentes protección antiimpactos.

Cascos.

* Persoal temporal.

O persoal temporal deberase dotar de vestiario Epi precisos para o desenvolvemento dos cometidos propios do seu posto de traballo. Para garanti-lo uso do vestiario, entregaranselle por primeira vez dous xogos de roupa de traballo (un poñer un lavar). O persoal temporal deberase dotar de traxe de augas cando o período do seu contrato sexa inferior ós dous anos, e sexa en período invernal.

* Limpadoras.

Vestiario inverno:

1 conxunto pixama.

1 par zapatos antiesvaradíos anatómicos.

1 xersei.

Vestiario verán:

1 conxunto pixama.

1 par zapatos antiesvaradíos anatómicos.

Luvas: entregaranse as luvas precisas mínimo 4 pares ó ano.

* Conserxes.

Vestiario inverno/verán:

Igual dotación que ós operarios de servicios.

* Especial (unha vez cada ano).

1 pantalón tergal azul mariño.

1 chaqueta tergal azul mariño.

1 camisa azul.