Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.294

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003 pola que se convoca un curso sobre operativa policial con estranxeiros.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a realización dun curso sobre operativa policial con estranxeiros, que se deberá desenvolver conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal da-los coñecementos necesarios en materia de estranxeiría, situacións conflictivas con estranxeiros, para que os policías poidan atallar e resolve-los posibles problemas que se lles poidan presentar na rúa.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 24 de outubro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33, avenida Alférez Provi

sional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase durante os seguintes días: 29, 30 e 31 de outubro e 3 e 4 de novembro de 2003.

O horario será das 16.00 ás 20.00 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

* Módulo I. Consideracións xerais sobre estranxeiría e inmigración.

* Módulo II. Réxime xeral de estranxeiría e réxime comunitario.

* Módulo III. Documentación de estranxeiros.

* Módulo IV. Documentación de españois.

* Módulo V. Actuación operativa das forzas e corpos de seguridade nesta materia.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 27 de outubro, a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 33 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Bergondo, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade