Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (497/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 497/2003 por instancia de José Miguel Rúa Blanco

contra José Luis Pérez Muñiz sobre despedimento, dictouse a seguinte:

Sentencia. Na cidade da Coruña, o 21 de agosto de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 497/2003, seguidos por instancia de José Miguel Rúa Blanco, maior de idade, asistido polo letrado Santiago Guémez Abad, contra José Luis Pérez Muñiz, que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Miguel Rúa Blanco coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, contra a empresa José Luis Pérez Muñiz e absolvo as entidades demandadas dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de cinco días, contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 21 de agosto de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial