Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (549/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 549/2003 por instancia de Daniel Vilas Varela e outros contra Talleres Fernández y Mosquera, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 21 de agosto de dous mil tres. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 549/2003, seguidos por instancia de Daniel Vilas Varela, Agustín Bascoy Pardo, Andrés Cuns Picado, José Vázquez Díaz, José A. Ois Mella, José M. Pérez Dapena, Eduardo Amor Rodríguez y Fernando Seijas Varela, maiores de idade, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Talleres Fernández y Mosquera, S.L., que non compareceu nos autos, e o Fondo de Garantía

Salarial representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por os actores debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Talleres Fernández y Mosquera, S.L. e extinguida a relación laboral entre as partes, condenando á empresa a que, aboe os actores a seguinte indemnización máis os salarios de tramitación desde a data do despedimento: a Daniel Vilas Varela, 55.165,32 euros máis 3.502,40 euros por salarios de tramitación; a Agustín Bascoy Pardo, 49.396,80 euros máis 3.212,80 euros por salarios de tramitación; a Andrés Cuns Picado, 54.801,18 euros máis 3.479,44 euros por salarios de tramitación; a José Vázquez Díaz, 55.816,32 euros máis 3.543.189 euros por salarios de tramitación; a José A. Ois Mella, 54.452,16 euros máis 3.457,60 euros por salarios de tramitación; José M. Pérez Dapena, 55.878,90 euros máis 3.547,87 euros por salarios de tramitación a Eduardo Amor Rodríguez, 53.930,81 euros máis 3.434,16 euros por salarios de tramitación e a Fernando Seijas Varela,

58.715,16 euros máis 3.727,95 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ó anuncia-lo recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións, que neste xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 030-6349-5603-0000-60-549-03.

E igualmente deberá no momento de interpoñe-lo recurso consigna-la suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 030-6349-5603-0000-60-549-03.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu domicilio descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 21 de agosto de dous mil tres.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial