Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (564/2003).

Eu, Jaime Balado Yánez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos ante este xulgado

do Social, tramitados baixo o número 564/2003, por instancia de Celso Fernández Mosquera contra a empresa Talleres Fernández y Mosquera, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte

Sentencia. Na cidade da Coruña, o vinteún de agosto de dous mil tres. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuizo número 564/2003, seguidos por instancia de Celso Fernández Mosquera, maior de idade, asistido por Daniel Pereiro Cachaza, contra a empresa Talleres Fernández y Mosquera, S.L., que non compareceu nos autos, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Celso Fernández Mosquera contra a empresa Talleres Fernández y Mosquera, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absolvo a empresa dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe só recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante esta xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, o vinteún de agosto de dous mil tres.

Jaime Balado Yánez

Secretario xudicial