Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (11/2002).

María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 11/2002 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia nº 48/2002. En Negreira o 29 de xuño de 2002.

Luis Aláez Legerén, xuíz do xulgado de primeira instancia e instrucción único desta vila e o seu partido, dictou a presente resolución no xuízo de faltas nº 11/2002, no que foi denunciante José Manuel Lago Gallardo e denunciado Juan Carlos García Pérez.

Decido que debo absolver e absolvo a Juan Carlos García Pérez dos feitos polos que foi denunciado.

As custas procesuais decláranse de oficio.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días hábiles contados desde a súa notificación ante este xulgado perante a audiencia provincial.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Juan Carlos García Pérez con DNI 32655327, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Negreira o vinteún de agosto de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado