Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (73/2001).

María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 73/2001 dictouse esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia nº 67/2001. En Negreira o 4 de xullo de 2001.

Ana Rodríguez Piorno, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Negreira dictou esta resolución nos autos de xuízo de faltas número 73/2001, seguidos por este xulgado, é denunciante Eugenio Villaverde Quintáns e denunciados José Iván Castro Ramos e Raúl Álvarez Ramos.

Dictamino que debo absolver e absolvo a José Iván Castro Ramos e Raúl Álvarez Ramos a falta de lesións que se lles imputaba.

As custas impóñense de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, por escrito e ante este xulgado.

Inscríbase no libro de rexistro deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Iván Castro Ramos, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o vinte de agosto de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado