Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.957

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 15 de setembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciados pola Orde do 1 de xullo de 2003.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 1 de xullo de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 133, do 10 de xullo), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 1 de xullo de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 133, do 10 de xullo).

Segundo.-Declarar deserta a provisión do seguinte posto:

Código do posto: MA.C06.00.001.15770.004.

Denominación do posto: xefe do Servicio Integración Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.

Terceiro.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Cuarto.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servicios, ou dun mes se radican en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Quinto.-A xefatura do centro no que causen baixa os funcionarios, así como a daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado a Dirección Xeral da Función Pública.

Sexto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Chan Rodríguez, José Luis.

NRP: 3494132235 A205L.

Grupo: B.

Corpo/escala: Facultativo Grao Medio Enx. Tec. Forestais.

Código do posto: MA.C03.00.001.15770.007.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Xestión de Montes.

Centro directivo: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Bandín Rosende, Mª Isabel.

NRP: 7651645146 A2059.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar administrativo da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.C04.00.000.15770.003.

Denominación do posto: secretaria do director xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 18.

Apelidos e nome: Santamarina Fernández, Jesús.

NRP: 3326550468 A2068.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.C05.00.001.15770.006.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Protección Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Rodríguez Álvarez, Dionisio.

NRP: 66906446 A2060.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.C06.00.001.15770.001.

Denominación do posto: subdirector xeral de de Planificación e Promoción do Desenvolvemento Sostible.

Centro directivo: Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 30.