Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (95/2002).

Gloria María de la Gurdia Limeres, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

dous de Lalín, certifico que nos autos arriba citados recaeu setencia, que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

Vistos por min, a xuíza María Paz Filgueira Paz, os presentes autos de separación contenciosa, promovidos pola procuradora Sra. Fernández Ramón, en nome e representación de Pilar Moure Montoto contra Eligio Davila Pereiros, con citación do Ministerio Fiscal pola existencia dun menor.

Decido que polo exposto, decrétase a separación xudicial de María del Pilar Moure Montoto e Eligio Davila Pereiros, e establécese como consecuencias da separación o seguinte:

A garda e custodia de Alex outórgase á nai, quedando a patria potestade para ámbolos dous cónxuxes, sen que se estableza réxime de visitas ningún a favor do pai; establécese a favor do menor e a cargo do pai a pensión de alimentos de 180 euros mensuais, que se aboarán por meses anticipados na conta do BBV número 0201502504.

Esta sentencia notifícase ás partes facéndolles saber que contra a misma cabe recurso de apelación en cinco días ante a audiencia respectiva.

Non se realiza especial pronunciamento sobre as custas.

Por esta miña sentencia así o manda e asina a xuíza María Paz Filgueira Paz.

Desta resolución enviarase testemuño ó rexistro civil de Agolada, para a súa correspondente anotación, no tomo 32, páxina 499.

E para que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado Eligio Davila Pereiros, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Lalín o trinta e un de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado