Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003 do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención da capacitación profesional para o exercicio da actividade de transporte por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 7 de xaneiro de 2003, pola que se dá publicidade ó acordo do citado tribunal para elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 1 de xullo de 2003 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 7 de xaneiro de 2003, transcorrido o prazo establecido para presenta-las correspondentes reclamacións, e unha vez examinadas estas, este tribunal

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expoñe-las citadas relacións nos lugares establecidos para o efecto en resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOP e V), da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.

David González Coalla

Presidente do Tribunal