Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (111/2003).

Eloísa Alonso García, secretaria do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que

por proposta de providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Crespo de Lara Vicente contra Inversiones Convergentes, S.L., Wetra Europa, S.L., Seguranza Norte, S.L., Inversiones y Seguridad 2000, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 111/2003, acordouse citar a Inversiones Convergentes, S.L., Wetra Europa, S.L., Seguranza Norte, S.L., Inversiones y Seguridad 2000, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 8 de outubro de 2003 ás 9.50 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Terán lugar na sala de vistas deste xulgado sito na rúa alta, 18, (praza Juan José Ruano), debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ó destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

Igualmente dáselles traslado do recurso de reposición interposto contra a providencia de data 10 de abril de 2003, dictada nas presentes actuacións, para que no prazo de cinco días o impugnen se así lles convén, e unha vez transcorrido este, déase conta para a súa resolución.

Providencia do maxistrado

Mª Jesús Fernández García.

En Santander, 10 de abril de 2003.

Tendo en conta o anterior escrito presentado por Vicente Crespo de Lara, únase ós autos da súa razón, dándose traslado deste á contraparte e visto o seu contido, en canto á citación de Inversiones y Seguridad 2001, S.L., líbrese exhorto ó xulgado decano do social dos da Coruña, para a súa citación a xuízo oral na data sinalada.

Igualmente líbrese oficio á compañía telefónica Amena nos termos citados no citado escrito.

En canto á testifical desinteresada, admítese esta, facendo constar que os custos de traslado das testemuñas á sede xudicial, pernoita e mantenza, serán por conta da parte que os propón, agás condena en custas á parte contraria.

E para que sirva de citación e notificación a Inversiones Convergentes, S.L., Wetra Europa, S.L., Seguranza Norte, S.L., Inversiones y Seguridad 2000, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

En Santander, 1 de setembro de 2003.

Secretario xudicial

Rubricado