Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 6 de xuño de 2003, de reintegro das axudas ás cooperativas e sociedades laborais do expediente administrativo FM Reint. 2002/52-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación, no domicilio sinalado polo interesado, da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-1998, publícase:

«1º.-Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/52-5

Expediente de xestión: FM 341B 1998/10-5.

Orde da convocatoria: 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Interesado: Centro de Estudios Santiago, S.L.L.

Enderezo: r/ Carmen, 17 B, 36210 Vigo.

Asunto: resolución de reintegro.

Antecedentes:

1. O cesamento na actividade subvencionada (5-4-2001) motivou o inicio do procedemento de reintegro das axudas recibidas.

2. Ante a imposibilidade de notificación persoal do devandito acordo de inicio, procedeuse consonte o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

3. A interesada non presentou alegacións no prazo de dez días outorgado para tal fin.

Fundamentos:

1. O artigo 37 da Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril), reguladora das axudas para o fomento da economía social para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade, obriga o beneficiario a realiza-la actividade que fundamenta a concesión das axudas por un tempo mínimo de tres anos, agás que acredite fidedignamente o cesamento por causas alleas á súa vontade.

2. A disposición adicional segunda da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia dos xuros de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Centro de Estudios Santiago, S.L.L. da cantidade de 6.145,95 euros (1.022.600 pesetas) concedida na resolución desta delegación provincial do 24-11-1998, en concepto de axuda para asistencia técnica.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos correspondentes xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 6 de xuño do 2003. P.D. O delegado provincial. Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes atópanse no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 8 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra