Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 6 de xuño de 2003, das axudas a cooperativas e sociedades laborais do expediente administrativo FM Reint. 2002/54-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido nas ordes do 12-2-1999 (DOG nº 34, do 19 de febreiro) e do 4-2-2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/54-5.

Expedientes de xestión: FM 341B 1999/31-5, FM 341B 2000/8-5.

Ordes de convocatoria: 12 de febreiro de 1999 (DOG nº 34, do 19 de febreiro) e 4 de febreiro de 2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro).

Interesado: Crufeco, Sdade. Coop.

Enderezo: Soto y Vázquez, 43 B - 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).

Asunto: resolución de reintegro.

Antecedentes.

1. O cesamento na actividade subvencionada (20-4-2001) motivou o inicio do procedemento de reintegro das axudas recibidas.

2. Ante a imposibilidade de notificación persoal do devandito acordo de inicio, procedeuse consonte o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do concello de Vila de Cruces.

3. A interesada non presentou alegacións no prazo de dez días outorgado para tal fin.

Fundamentos.

I. O artigo 6.5º da Orde do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 19), e a base quinta, ap.5, do anexo A da Orde do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 17), pola que se establecen os programas de fomento do emprego en empresas de economía social, respectivamente para os anos 1999 e 2000, obrigan a beneficiaria das axudas a manter, polo menos durante tres anos, como socios traballadores ou de traballo as persoas polas que se concedese a subvención e, no suposto de baixa na sociedade no dito período, a substituílas por outras persoas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no punto 1 deses artigos.

II. A disposición adicional segunda da Orde do 12 de febreiro de 1999 e o artigo 10 da Orde do 4 de febreiro de 2000 determinan a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Considerando que entre as datas das resolucións de concesión das axudas, (18-11-1999 e 18-9-2000) e a data de cesamento das actividades da sociedade cooperativa beneficiaria (20-4-2001), non transcorreu o prazo de tres anos esixido pola normativa reguladora, procede declara-la procedencia do reintegro das axudas concedidas.

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Crufeco, S.C. da cantidade de 60.101,21 euros (10.000.000 pesetas) concedida, respectivamente, nas resolucións desta delegación provincial do 18-11-1999 (8.500.000 ptas) e do 18-9-2000 (1.500.000 ptas), en concepto de axudas pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo de ingreso na referida cantidade, así como a liquidación dos correspondentes xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115; de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó desta notificación.

Vigo, 6 de xuño de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 8 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra