Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 29 de maio de 2003, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/160-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/160-5.

Expediente de xestión: FM 342B 1998/301-5.

Orde da convocatoria: 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Interesado: Inconta, S.L.

Enderezo: avda. García Barbón, 30,3º, 5-36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución de reintegro.

Acordo:

Visto o expediente referido, e como consecuencia da función de seguimento e control das subvencións concedidas, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

1. O beneficiario recibiu unha subvención de 47.479,96 A (7.900.000 ptas.) pola contratación indefinida inicial de 17 traballadores.

2. En virtude do artigo 27 da Orde do 27 abril de 1998 (DOG do 30 de abril) pola que se regulan

os programas de fomento da contratación da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 1998, e comprobada a extinción da relación laboral dos seguintes traballadores:

TraballadorDNIData de altaData de baixa

Fernández Cuevas, José Antonio76.898.487B26-2-199831-12-2000

Comesaña Bugallo, Javier36.085.371G13-4-199831-12-2000

Pujales Varela, Francisco Manuel36.082.736Z1-4-199831-12-2000

Sanromán Rodríguez, Ángel76.989.413H9-3-199831-12-2000

Álvarez Sousa, Emilio34.874.468M19-2-199831-12-2000

Taboada Iglesias, Javier34.986.023X19-2-199831-12-2000

Fernández Troncoso, Miguel Ángel36.119.809B26-3-199831-12-2000

Fundamentos.

I. O artigo 27 da Orde do 27 abril de 1998 (DOG do 30 de abril) pola que se regulan os programas de fomento da contratación da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 1998, obriga no suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedeu a subvención, á cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituído, no mes seguinte ó da baixa. Esta obriga manterase durante tres anos desde a realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

II. A disposición adicional sexta da dita orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro parcial de 19.833,40 A (3.300.000 ptas.) por parte de Inconta, S.L. da cantidade de 47.479,96 A (7.900.000 ptas.) concedida na resolución desta delegación provincial do 27-10-1998 en concepto de subvención pola contratación indefinida.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro

(BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes desde o día seguinte á presente notificación.

Vigo, 29 de maio do 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 8 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra