Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 20 de xuño de 2003, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/091-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/091-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/1988-5.

Orde da convocatoria: 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Evaristo Garrido Lusquiños.

Enderezo: Augusto González Besada, 10-2, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución de reintegro.

Acordo:

Visto o expediente referenciado, e como consecuencia da función de seguimento e control das subvencións concedidas, e tendo en conta os seguintes

Antecedentes:

1. O beneficiario recibiu unha subvención de 1.081,82 euros pola contratación indefinida na data 1-3-2000 da traballadora María Ángeles Cerviño Ferreiro (35307460-E).

2. En virtude da disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000, comprobouse a extinción da relación laboral na data 31-3-2001 da traballadora María Ángeles Cerviño Ferreiro (35307460-E) e revisadas as súas alegacións do 9-5-2003, aínda existindo unha posible subrogación empresarial con Silmar, C.B., da que forma parte o beneficiario, a traballadora seguiría incumprindo a base décima do anexo B xa que causa baixa na mesma o 26-11-2001.

Fundamentos:

1. A base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) reguladora das axudas á contratación por conta allea para o ano 2000, obriga os beneficiarios a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de realización do contrato, e no suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedeu a subvención, á cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituto no mes seguinte ó da baixa. Esta obriga manterase durante tres anos desde a realización do contrato indefinido obxecto de subvención.

2. O artigo 11 da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Evaristo Garrido Lusquiños da cantidade 1.081,82 euros concedida na resolución desta delegación provincial do 24-10-2000 en concepto de subvención pola contratación indefindia de María Ángeles Cerviño Ferreiro.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución o interesado podrá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE

do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes desde o día seguinte á da presente notificación.

Vigo, 20 de xuño de 2003. P.D. O delegado provincial de Pontevedra. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 8 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra