Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 5 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores 173/2003 e outro máis, incoados por infraccións administrativas na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Gonzalo Otero Lago.

Domicilio localidade: San Juan de Arcal, 29-1º, Redondela.

Número de expediente: 173/2003, 361/2003(AI).

Data resol. deleg. prov.: 7-7-2003.

Preceptos infrinxidos: arts. 1 e 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; 15 b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; 3 e 8 do Real decreto lexislativo 2720/1998, do 18 de decembro; 15 do Estatuto dos traballadores e art. 42 c) do convenio colectivo da alimentación. DOG do 18-10-2001.

Preceptos sancionadores: arts. 7.2º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolucion: multa de 601,01 A.

Empresa: Consultoría de Empleo y Otros, S.L.

Domicilio localidade: San Roque, 32 B-Entlo, Vilagarcía.

Número de expediente: 206/2003, 519/03(AI).

Data resol. deleg. prov.: 7-7-2003.

Preceptos infrinxidos: art. 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: arts. 39.2º, 40.1º e 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: Multa de 1.000 A.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova recadación xunta: modelo XTAX.

xa que, noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra