Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 5 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 195/2003, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Galiza Arte Pedra, S.L.

Domicilio localidade: Senra 7, 3º B, escaleira 9, 15702 Santiago de Compostela.

Número de expediente: 195/2003, 1614/2002 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 16-7-2003.

Preceptos infrinxidos: art. 206.3º da ordenanza laboral da construcción en relación coa disposición adicional nº 2 do convenio colectivo da construcción en relación co art. 5.a) e c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Precepto sancionador: art. 12.16º.f e 39.3º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: caducidade.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 5 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra