Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 15 de maio de 2003, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/150-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), publícase:

«1º.-Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/150-5.

Expediente de xestión: FM 342B 1999/718-5.

Orde da convocatoria: 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo).

Interesado: Distelco Arcade, S.L.

Enderezo: Coutadas, 7-1º B, Arcade. 36216 Soutomaior (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Acordo:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 22 de marzo de 1999, (DOG do 31 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), pola que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral dos traballadores José Farto Acuña (35233416-S) con data 14-6-2000, Abraham García Fernández (35314975-Q) con data 14-6-2000 e Francisco Amandi Oliveira (36046363-G) con data 10-3-2000, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas polo artigo 25 da dita Orde do 22 de marzo do 1999 (DOG do 31 de marzo).

ACORDO:

1. Iniciar, no exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro das subvencións de 3.606,07 A e 5.245,97 A concedidas nas resolucións do 30-11-1999 e do 13-3-2000 respectivamente pola contratación indefinida inicial de 2 traballadores e pola contratación indefinida do primeiro empregado.

2. O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

3. Darlle trámite de audiencia ó interesado, concedéndolle a Distelco Arcade, S.L. un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que considere pertinentes.

Vigo, 15 de maio do 2003. P.D. O delegado provincial. Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 8 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra