Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da contratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción da rede de colectores secundarios no concello de Oleiros (cofinanciada con fondos de cohesión).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Contratación.

c) Número de expediente: OH315576AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de construcción da rede de colectores secundarios no concello de Oleiros.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): catro (4).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: oitenta e nove mil cento setenta e dous euros con corenta e seis céntimos (89.172,46 A).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, 7-9.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, letras b), c) e e) da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberalle anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha solución variante que diminúa o prazo de execución.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 17 de outubro de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 10 de outubro de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas A da Consellería de Medio Ambiente.

11. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2003.

Emilio García Gallego

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia