Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.795

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (191/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 191/2003, seguidos por instancia de José Arza Rodríguez contra a empresa Odein, S.L. e outros, sobre invalidez, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 5 de agosto de 2003.

Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 191/2003, sobre invalidez, no que son partes, como demandante, José Arza Rodríguez, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte

demandada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Juan José Rodríguez Gude. E como codemandada a empresa Odein, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda sobre invalidez interposta por José Arza Rodríguez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Odein, S.L., e, en consecuencia, absolvo das pretensións deducidas pola parte demandante os demandados.

Notifíqueselles esta sentencia os representantes legais das partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, perante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comprecencia ou por escrito e cos demais requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicado polo maxistrado que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Odein, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o cinco de agosto de dous mil tres.