Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.794

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (352/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 352/2003, seguidos por instancia de María Begoña López Cobas contra a empresa Moda Unlimited, S.L. e Moda a lo Grande, S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 24 de xullo de 2003.

Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 352/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, María Begoña López Cobas, acompañada do graduado social Rafael Vila Pereiro e, como parte demandada, a empresa Moda Unlimited, S.L. e Moda a lo Grande, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por María Begoña López Cobas, sobre reclamación de cantidade, debo condenar e condeno a empresa demandada Moda Unlimited, S.L. e Moda a lo Grande, S.L. a lle satisfacer á demandante a cifra bruta de 2.595 euros, máis o 10% de recarga de mora por un total de dous mil oitocentos cincuenta e cinco euros con dezanove céntimos de euro (2.855,19 euros).

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria nos termos regulamentarios establecidos, para o suposto de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido

da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60 nº de autos 352/2003, que este Xulgado do Social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos nº 3, 27001, desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse

na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 352/2003 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de seren as empresas demandadas as que o interpuxesen, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Moda Unlimited, S.L. e Moda a lo Grande, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo, o vintecatro de xullo de dous mil tres.