Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.794

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (315/2002).

Fernando Vázquez Boyero, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 315/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a Francisco Javier Peláez Arín co fin de que o vindeiro día catro de novembro, ás dez trinta horas, asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de furto (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Queda apercibido de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recae-lo prexuízo a que houber lugar en dereito e

que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente nese acto as probas de descarga que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e lle sirva de citación a Francisco Javier Peláez Arín, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 5 de agosto de 2003.

O secretario

Rubricado