Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.795

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (454/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 454/2003, seguidos por instancia de José Daniel Carballosa Rodríguez contra a empresa Bello Carrera Venancio e outros, sobre desemprego, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 8 de agosto de 2003.

Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 454/2003, sobre desemprego, no que son partes, como demandante, José Daniel Carballosa Rodríguez, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, o Instituto Nacional de Emprego (Inem), representado polo letrado Jesús Ángel González González. Non compareceron as empresas codemandadas Frutas Bergidum, S.L., nin Bello Carrera Venancio, malia estaren citadas en legal forma.

Decido que estimando en parte esta demanda sobre desemprego, interposta por José Daniel Carballosa Rodríguez, contra o Instituto Nacional de Emprego (Inem) e as empresas Frutas Bergidum, S.L. e Bello Carrera Venancio, condeno o Instituto Nacional de Emprego (Inem) a que lle aboe ó demandante a prestación por desemprego consonte a base reguladora diaria de corenta e cinco euros con dezasete céntimos (45,17 euros) con efectos retroactivos desde a data inicial do 7-3-2003, desestimando as demais peticións do suplico.

Absólvense as empresas demandadas Frutas Bergidum, S.L. e Bello Carrera Venancio, ó non lles alcanzar responsabilidade na litis.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, perante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral do 7-4-1995 e, en especial, o disposto no seu artigo 192.4º, consistente en que a demandada, para recorrer, deberá presentar perante este xulgado do social, ó anuncia-lo recurso, certificación acreditativa de que comeza o aboamento da prestación e que o continuará puntualmente durante a tramitación do recurso; a non presentación desta certificación determinará que se lle poña fin ó trámite do recurso.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Bello Carrera Venancio, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o oito de agosto de dous mil tres.