Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.686

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se declara rematada a oposición e se abre prazo do concurso da fase de selección, de diversas categorías do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servicio Galego de Saúde.

O punto 9 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, no seu caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia un acordo coas puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

Así mesmo, na segunda parte, concurso, da citada base sétima establece que ese acordo do tribunal declarará rematada a oposición e abrirá un prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal a documentación oportuna.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar rematada a parte de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), elevando a definitivas as puntuacións obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición realizados os pasados días 9 e 16 de marzo de 2003 (agás médico de familia de atención primaria) e 11 de maio de 2003, que poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou na súa páxina web (www.sergas.es).

Segundo.-Desestimar expresamente aquelas reclamacións presentadas contra a nota obtida, que non modifiquen nestas listaxes definitivas a nota inicialmente exposta.

Terceiro.-Abri-lo prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal os seguintes documentos:

I. Fotocopia compulsada dos títulos académicos e certificacións esixidos para a súa participación nestas probas selectivas.

Deberá presentarse copia traducida por traductor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

II. Autovaloración dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos. En ningún caso esta autovaloración vinculará ó tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflectir esta, utilizarase o modelo, segundo corresponda, que figura como anexo I (categorías do grupo A de titulación superior) ou II (resto de categorías) nesta resolución e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III. Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas acreditativas dos méritos alegados.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por traductor xurado.

Polo que se refire ós traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o nome da revista, o título do traballo e o seu autor.

En relación cos capítulos de libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o título do capítulo, o seu autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN.

Por último, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o sumario ou índice deste, o seu autor e o seu depósito legal e/ou o ISBN.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Autobaremación do concurso da fase de selección

Categoría/especialidade:

Nome e apelidos:DNI:

1. Experiencia profesional (máximo 45 puntos)MesesPuntuación

1.1. En institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.
a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,3 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,225 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,15 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,113 puntos/mes.

1.2. En institucións sanitarias dependentes doutros servicios de saúde.MesesPuntuación

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,1 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,075 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,05 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,038 puntos/mes.

NOTA:

-Para o cómputo dos servicios prestados, referido a experiencia profesional, ó persoal de reforzo en atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas) recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados, que se calculará conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada 190 horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro do mes natural se realizasen máis de 190 horas, soamente poderá valorarse un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo dos servicios prestados establecidos na anterior regra a).

-Cómputo dos servicios prestados en réxime laboral: os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

-Servicios prestados por persoal de asistencia pública domiciliaria: os servicios prestados á Seguridade Social, no ámbito da atención primaria, polo persoal de asistencia pública domiciliaria, equivalerán para os efectos dos baremos previstos na Lei 16/2001, do 21 de novembro, tanto na fase de selección como na de provisión, ós prestados nas categorías que lles correspondan.

2. Formación: nos epígrafes a) e b) só se poderá valorar unha única modalidade de obtención da especialidade.Puntuación

2.a) MIR, FIR, QUIR, BIR, RHIR ou equivalente na especialidade na que se concursa (16 puntos)

2.b) Formación como médico residente, conforme a normativa anterior ó R.D. 127/1984 (2 puntos)

2.c) Tese de doutoramento e traballos científicos: (máximo 10 puntos)

c) 1. Tese de doutoramento: 3 puntos.

c) 2. Tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

c) 3. Traballos científicos e de investigación relacionados coa categoría e especialidade, apreciados libremente polo tribunal:

-Non se valorarán máis de 3 capítulos dun mesmo libro.

-Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos.

NúmeroPuntuación

Difusión nacionalPublicación revista (0,25 puntos)

Capítulo libro (0,30 puntos)

Libro completo (1 punto)

Difusión internacionalPublicación revista (0,50 puntos)

Capítulo libro (0,60 puntos)

Libro completo (2 puntos)

2. d) Docencia posgraduada (máximo 5 puntos)AnosPuntuación

Na mesma especialidade á que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano.

CONCURSO. FASE DE SELECCIÓN.

EXPERIENCIA PROFESIONAL:

FORMACIÓN:

TOTAL PUNTUACIÓN DO CONCURSO:

ANEXO II

Autobaremación do concurso da fase de selección

Categoría/especialidade:

Nome e apelidos:DNI:

1. Experiencia profesional (máximo 45 puntos)MesesPuntuación

1.1. En institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.
a) Na mesma categoría profesional á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,3 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,225 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,15 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional á que se concursa con nomeamento fixo: 0,113 puntos/mes.

1.2. En institucións sanitarias dependentes doutros servicios de saúde.MesesPuntuación

a) Na mesma categoría profesional á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,1 puntos/mes.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,075 puntos/mes.

c) En distinta categoría profesional á que se concursa con nomeamento fixo: 0,05 puntos/mes.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional á que se concursa con nomeamento fixo: 0,038 puntos/mes.

NOTA:

-Para o cómputo dos servicios prestados, referido a experiencia profesional, ó persoal de reforzo en atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas) recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados, que se calculará conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada 190 horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro do mes natural se realizasen máis de 190 horas, soamente poderá valorarse un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo dos servicios prestados establecidos na anterior regra a).

-Cómputo dos servicios prestados en réxime laboral: os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

-Servicios prestados por persoal de asistencia pública domiciliaria: os servicios prestados á Seguridade Social, no ámbito da atención primaria, polo persoal de asistencia pública domiciliaria, equivalerán para os efectos dos baremos previstos na Lei 16/2001, do 21 de novembro, tanto na fase de selección como na de provisión, ós prestados nas categorías que lles correspondan.

2. Formación:Puntuación

2.1. Asistencia xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Cruz Vermella, sindicatos e colexios oficiais das distintas profesións ou acreditados ou avaliados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta, a razón de:

-De 20 a 60 horas: 0,5 puntos

-De 61 a 200 horas: 1 punto

-De 201 horas en diante: 2 puntos

2.2. Asistencia xustificada a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta, a razón de:

-De 20 a 60 horas: 1 punto
-De 61 a 200 horas: 2 puntos
-De 201 horas en diante: 4 puntos

CONCURSO. FASE DE SELECCIÓN.

EXPERIENCIA PROFESIONAL:

FORMACIÓN:

TOTAL PUNTUACIÓN DO CONCURSO: